Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os socialistas critican a mingua da calidade do ensino na comarca de Bergantiños

Os socialistas critican a mingua da calidade do ensino na comarca de Bergantiños
Leiceaga con Loli Toja en Laxe Dolores Toja con Leiceaga nun acto en Laxe para reivindicar a resolución do porto A laxense Dolores Toja, candidata número 4 pola Coruña das listas do PSOE, vén de denunciar a mingua da calidade do ensino na comarca de Bergantiños debido - segundo indica - á reducción de profesorado e de medios materiais. "Os recortes introducidos polo goberno de Feijoo no investimento educativo na comarca reflíctense nunha redución de 93 docentes entre 2009 e 2016 en todos os niveis educativos" sinala Toja nunha nota de prensa. A socialista critica tamén o descenso do 12% nas partidas que os centros da zona reciben para gastos de material, cun total de 78.000 euros menos dos que percibían en 2009. "O resultado son situacións como as que se viven no concello de Laxe, onde ano tras ano a consellería de Educación contrata un elevado número docentes interinos e négalles deste xeito aos cativos a necesaria continuidade na atención do profesorado” reitera Dolores Toja. Así mesmo, Dolores Toja denuncia a “falta de profesores de apoio para os alumnos con necesidades especiais, co conseguinte aumento da conflitividade nas aulas”. A candidata de Bergantiños sinala que a redución do profesorado ten que ver co aumento decretado pola Xunta do Feijoo de horas lectivas aos docentes de primaria e secundaria, que lle permitiu atender as mesmas horas de clase empregando menos persoal. FP Pola súa banda, o candidato Antonio Álvarez incidiu nun problema que ten unha dobre dimensión educativa e económica para Bergantiños, e é o feito de que os ciclos de Formación Profesional “non se acomodan ao tecido produtivo da comarca”. “Para estudar agricultura ou pesca - explica - teñen que saír fóra”, cara outros centros da provincia, como os de Guísamo, Culleredo e Ribeira, “pero coa redución case total das becas para FP, non hai saída, e os alumnos dos ciclos de automoción ou administrativo que se imparten aquí non atopan logo un posto de traballo na zona”, subliña Álvarez, para quen esta situación “afonda no despoboamento e envellecemento” de toda a comarca. Novas relacionadas Fonte

Comentarios