Domingo. 22.09.2019
El tiempo

#ELECCIÓNS

Pactómetro previo ao Carrusel Electoral do pleno de constitución das corporacións municipais

Pactómetro previo ao Carrusel Electoral do pleno de constitución das corporacións municipais

Este sábado 15 de xuño, ás 12:00h celébranse en todos os concellos de España os plenos de constitución das novas corporacións municipais. Unha cita á que 9 concellos da Costa da Morte chegan coa tranquilidade de saberse con maiorías absolutas tralos resultados das Eleccións do pasado 26 de maio.

Pero temos outros 9 concellos da comarca pendetes de posibles alianzas ou gobernos en minoría, e como vimos o Pactómetro está que bota fume. Sorprende que decisións tan importantes se tomen a última hora, pero parece ser que así se xoga na política, e non só na municipal.

Durante a mañá do sábado teremos un Carrusel Electoral completo, visitanto a actualidade dos Concellos de Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Fisterra, Malpica, Muros, Santa Comba e Vimianzo.

Antes facemos un pequeno repaso das últimas novidades que temos deles:

  • Carnota: O Pactómetro Carnota deixa claro que haberá un goberno en minoría do PSOE, con José Manuel Saborido, “Moma”, como novo alcalde.
  • Cee: O Pactómetro Cee apura que o máis probable sexa un goberno en minoría do PSOE con Margarita Lamela como alcaldesa. En todo caso, o tripartito alternativo PP-IxCee-Cs flota no aire, e ata o propio Antonio Domínguez (PP) deixaba este mediodía a porta medio aberta. “Quedan 23 horas así que pode pasar de todo”..
  • Corcubión: Como ben contamos no último Pactómetro corcubionés, a falta de entendemento, máis por desconfianzas que por vontade real, entre PSOE e BNG, pode provocar que sexa Rojo quen decante a balanza a favor do PSOE.
  • Coristanco: Tamén necesitamos varias análises en Coristanco, onde o último Pactómetro déixanos claro que a liña vermella formulada por TEGA era insalvable polo que se investirá Juan García para formar goberno en minoría.
  • Fisterra: Dende o día despois das eleccións o Pactómetro fisterrán deixa claro que se reeditará o pacto PSOE - BNG.
  • Malpica: Ata a última hora apúranse as negociacións, con Alfredo Cañizo (Cs) como pecha chave. Esta mañá de venres mantiña unha reunión con Eduardo Parga, como representante da forza máis votada (PP), para conseguir unha maioría que tamén se conseguiría co tripartito PSOE-BNG-Cs que investiría a Walter Pardo como novo alcalde. Cañizo responderá esta mesma noite de venres.
  • Muros: Despois das firmes posturas de PP e CxG de votarse a si mesmas que vimos no último Pactómetro muradán, (as negociacións entre ambas forzas parecían achegarse pero non deron froito) será a asemblea do PSOE o que decida que facer no pleno de investidura, se votarse a si mesmo e que sexa a candidata da forza máis votada (Inés Monteagudo, PP) a nova alcaldesa, ou votar a favor da reelección da alcaldesa durante esta pasada lexislatura e candidata da terceira forza (María Xosé Alfonso, CxG) a que siga gobernando.
  • Santa Comba: A partida decidirase no último segundo, como apuramos no último Pactómetro xalleiro. David Barbeira (CxG), que non vai facer declaracións ata o propio pleno, perfílase como elemento clave para decantar a balanza entre PP e PSOE, unha vez que ambos teñen 6 edís, se ben oPP foi a forza máis votada. “Pode pasar de todo”.
  • Vimianzo: Outro concello no que a partida estará aberta ata o último segundo como vimos no Pactómetro (III)… As negociacións entre Adiante Vimianzo e PP de última hora (aínda sen saber quen optaría á alcaldía) poderían arrebatar a alcaldía á socialista Mónica Rodríguez.

 

Todas as novas das Eleccións

 

Comentarios