Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Parques eólicos que ameazan o Parque do Megalitismo

Coñecemos esta fin de semana o potencial do Parque do Megalitismo da man das xornadas da Fundación Eduardo Pondal. Pero Carlos Penedo, da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e da Rede galega por un Rural Vivo, alerta con esta carta do perigo que supón a masiva invasión eólica que estamos padecendo na comarca:
Fuso da Moura
Pedrafita do Fuso da Moura, un elemento do Megalitismo da Parroquia de Niñóns, Ponteceso
Parques eólicos que ameazan o Parque do Megalitismo

Parques eólicos que ameazan o Parque do Megalitismo

Os Alcaldes e os Concelleiros de Patrimonio do Parque do Megalitismo da Costa da Morte enviolles un saúdo e desexos de esperanza dun cambio na posta en valor dun ben Cultural de grandísimo valor.

No ano 2015 formei parte ,coma concelleiro de Patrimonio, do Parque. Antes , o Concello de Ponteceso tivemos que facer o ingreso.. O departamento de Patrimonio, escolliu a figura de Eduardo Pondal e a súa vinculación co Megalitismo da Costa da Morte para ilustrar a solicitude de ingreso.

Vai sendo hora de recoñecer que o patrimonio material e inmaterial está, na axenda política, nas últimas posicións ou non está.

A Costa da Morte no é pobre en elementos patrimoniais: Arte Rupestre, Megalitismo, Castros, patrimonio etnográfico e relixioso. Atesoura un gran número de petróglifos, mámoas , dolmens, pedrafitas, castros, fontes lavadoiros, muiños, cabazos,cruces crueiros e igrexias.

E visible o abandono da gran maioria de estos elementos patrimoniais . Os responsables de esta mala conducta son os servidores públicos que teñen que defender, por en valor e divulgar estas pezas de extraordinario valor.

Pegadas culturais de diferentes épocas, prehistóricas e históricas que século tras século foron permanecendo no noso territorio e fomos bebendo das diferentes maneiras de entender a vida.

Agora no S.XXI ,hai unha gran plaga que ameaza ao patrimonio do pais e da Costa da Morte. Os parques eólicos. Invaden os montes e deixan totalmente desprotexídos noso legado cultural de primeiro orde.

Aínda que os elementos Megalíticos cumpla coa normativa de protección de 200m da base da peza arqueolóxica ao aeroxerador, non podemos esquecer que e o noso elemento patrimonial está dentro da poligonal eólica. Esto significa que unha mámoa e dolmen estan dentro de un parque industrial eólico e súa utilidade e nula. Quedan , se ainda non estaban, no absoluto abandono.

A protección da Cultura ten que ser prioritaria. A Cultura é un dereito ,hai que actuar inmediatamente. As entidades públicas deben solicitar a paralización de novos parques eólicos e diseñar un novo modelo eólico galego que o patrimonio goce da máxima protección.

A Costa da Morte ten agora mesmo, en tramitación, 21 parques eólicos. Poden imaxinarse o desastre para o noso patrimonio arqueolóxico?

Despídome coma empecei, esperanza e desexo dun cambio na posta en valor da nosa cutura patrimonial.

  • Carlos Penedo, membro da Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras e da Rede galega por un Rural Vivo.

Novas relacionadas

Comentarios