Martes. 19.03.2024
El tiempo

Os patróns maiores pediron ao Ministerio que medie con Europa ante o “excesivo” control

Folga da pesca artesanal en Camelle
Imaxe dunha das folgas da pesca artesanal en Camelle
Os patróns maiores pediron ao Ministerio que medie con Europa ante o “excesivo” control

Este pasado sábado 18, os patróns maiores de toda Galicia, a través da Federación Galega de Confrarías, acodiron a unha reunión sobre a secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, sobre o novo Regulamento Europeo de Control que quere poñer en marcha o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Un regulamento que o Ministerio quere disfrazar baixo o nome de “Plan de Dixitalización”, cando a idea é controlar máis un sector hipercontrolado que non axudar a modernizalo.

Non houbo nin un só patrón que deixase a porta aberta á idea de que o Regulamento poida ter cousas positivas, demostrando que as manifestacións realizadas durante o primeiro semestre calaron no sector. Todos deixaron claro o seu descontento co excesivo control que xa sobre tanto o sector da pesca artesanal como o da industrial.

Os patróns ven o regulamento case que como unha “estocada” que vai acabar con moitos profesionais en terra, e máis se a famosa axuda dos “desguaces” volve facerse realidade.

Un dos que falou foi o patrón maior de Corme, Roberto Vidal. O patrón máis novo de Galicia foi un dos máis contundentes, deixando patente o exceso de controis (nos portos, nas estradas, por varios organismos…) polo que consideran “abusiva a nova normativa”. “Todo parece un mal soño, porque parece que somos unha banda organizada”, denunciou. Deixaron claro que si están a favor do control “digno e respetuoso”, para garantir o futuro e un “relevo xeracional que aínda non está asegurado”.
Por iso pediu ao Ministerio que faga entender á Europa “a nosa forma de traballar”, sobre todo en relación á pesca artesanal e o marisqueo.

Saíron a colación os eólicos mariños, pois o sector está realmente preocupado, e espera seguir informándose ante a falta de achegamento por parte das administracións.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios