Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PEL Emprende permite 60 contratacións na Costa da Morte

A CoruñaO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ofrece unha rolda de prensa para facer balance das primeiras accións do Plan de Emprego da Deputación e presentar o I Premio á mellor iniciativa empresarial, promovido pola institución provincial09/11/2016Foto Moncho Fuentes
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ofrece unha rolda de prensa para facer balance das primeiras accións do Plan de Emprego da Deputación e presentar o I Premio á mellor iniciativa empresarial, promovido pola institución provincial-Foto Moncho Fuentes
O PEL Emprende permite 60 contratacións na Costa da Morte

Xa leva preto de 2.700 empregos directos creados na provincia da Coruña o programa PEL Emprende. Un programa da Deputaciñon que tamén beneficia a ducias de traballadores e empresas da Costa da Morte. Este 2019 a Deputación recibiu máis de 60 solicitudes da Costa da Morte de axudas para financiar o 75% do salario dos traballadores e traballadoras durante un ano, sendo ademais, 72% dos contratos indefinidos e o 93% benefician a colectivos con especiais dificultades de inserción laboral.

Como anunciou o presidente Valentín González Formoso, a Deputación vén de conceder preto dos 700.000 nas nosas comarcas, para a creación ou afianzamento de case 60 postos de traballo.

“Os nosos obxectivos son fomentar a creación de emprego estable e de calidade, especialmente nos concellos máis pequenos e rurais da provincia, axudar a fixar poboación e apoiar a inserción laboral das persoas con maiores dificultades para atopar un emprego”, afirmou o presidente provincial González Formoso, que destacou que destas 173 axudas concedidas, preto do 72% (124) realizaranse na modalidade de contratación indefinida e que o 93% (161 contratos) correspoden a colectivos coma parados de longa duración, maiores de 45 anos ou menores de 30, mulleres ou persoas con discapacidade.

En canto á distribución das axudas por concellos, é de destacar que todas as empresas e autómomos/as beneficiarios son de concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Destacan como concellos cun maior número de solicitudes concedidas os seguintes: Santa Comba (13), Mazaricos (9), Zas (7), Cee (6), Camariñas (4), Corcubión (4), Laxe (4).

PEL- PEMES AXUDAS CONCEDIDAS POR CONCELLO NO QUE SE UBICA A EMPRESA E IMPORTES CONCEDIDOS

 

CONCELLO

CONTRATOS

 

IMPORTE CONCEDIDO

 

CABANA DE BERGANTIÑOS

2

28.500,00 €

CAMARIÑAS

4

50.817,78 €

CEE

6

77.330,43 €

CORCUBIÓN

4

54.000,00 €

DUMBRÍA

3

35.250,00 €

FISTERRA

3

32.573,14 €

LAXE

4

58.486,02 €

MALPICA DE BERGANTIÑOS

1

13.500,00 €

MAZARICOS

9

124.924,50 €

MUROS

2

31.402,59 €

MUXÍA

1

6.300,00 €

SANTA COMBA

13

157.500,00 €

VIMIANZO

2

27.000,00 €

ZAS

7

88.167,30 €

 

PEL- PEMES AXUDAS CONCEDIDAS POR COMARCAS

COMARCA

Nº SOLICITUDES

IMPORTE CONCEDIDO

Bergantiños

7

100.486,02 €

Fisterra

17

205.453,57 €

Muros

2

31.402,59 €

Terra de Soneira

13

165.985,08 €

Xallas

22

282.424,50 €

Comentarios