Martes. 23.04.2024
El tiempo

Pepe Viyuela achégase á Costa para unha nova gala en solidariedade con Palestina

Pepe Viyuela achégase á Costa para unha nova gala en solidariedade con Palestina
Gala solidaria con Palestina con Pepe Viyuela Lembrando aquela rompedora gala de Leo Bassi en Corcubión, ou a colorida cita de 2015 con Najla Shami en Cee, Palestina volverá ser protagonista nunha nova cita cultural e solidaria. Será, como non, da man de Mohammed Safa e a Fundación Araguaney, a prol da entidade ENRWA de Refuxiados Palestinos. Ademais da participación de varios poetas e músicos da comarca, a actuación especial será a de Pepe Viyuela, o comprometido actor que deixou todo para axudar as causas máis necesitadas. Iremos coñecendo o proxecto polo miúdo, pero xa podedes ir intentando conseguir as vosas entradas (pregunten a Safa na Clínica Oftalmolóxica La Paz, detrás do mercado, en Cee), e reservar a noite do luns 4 de febreiro, para estar ás 20:00h na Casa da Cultura de Cee. As entradas xa están á venta na Biblioteca Municipal Francisco Mayán en horario habitual (9:30 a 13:30h e 16:30 a 19:30h).  

Novas relacionadas

Máis actividades sobre Palestina

Comentarios