InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOPercebeiros sobre os bateeiros: “Alí por onde pasan, arrasan con todo, non...

Percebeiros sobre os bateeiros: “Alí por onde pasan, arrasan con todo, non volve nacer un percebe”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Contabamos onte a manifestación convocada polos percebeiros deste sábado en Santiago na súa defensa ante as continuas rendicións da Xunta de Galicia perante as queixas do bateeiros. Unha mobilización á que acodirán ducias de percebeiros da cidade da Coruña.

Entre eles o percebeiro e mariscador do ourizo Javier Mariñas, que nos axuda a poñer algo de contexto neste conflito entre bateeiros e percebeiros. Un conflito que vén dende hai poucos anos, pero que se formula debido ao doble rasero que ten a extracción da mexilla (a semente do mexillón) e o resto de produtos do mar.

Cómpre entender, como nos explica este veciño de Monte Alto, que “nas rías, o percebe cría onde hai mexilla; primeiro se fixa a mexilla e no medio vai medrando o percebe”, explícanos debullando a importancia da simbiose entre ambas especies. ”A mexilla tamén se cría dentro das rías, onde non hai percebe. Por iso, ata hai poucos anos, non había problema, porque os bateeiros ían recollendo a semente do mexillón nesas zonas de interior das rías. Pero dun tempo a esta parte, e debido a que non hai control ningún, arrasaron completamente o interior das rías, e agora queren arrasar as pedras do percebe”.

Regulación

A chave está en que se ben percebeiros e mariscadores teñen que indicar en que zonas traballan, teñen topes de capturas, teñen que pasar por lonxa e pesar o recollido… para os bateeiros non existe regulación ninguha. ”Poden ir onde queiran, teñen o 87,5% da costa galega libre para esquilmar, ademais dos portos que tamén poden traballar dende este ano”, explica Mariñas, lembrando casos como cando na época da pandemia, e tendo zonas vedadas da Torre para o percebe durante máis dun ano, “o paso dos bateeiros deixou as pedras lisas”.

E aí, foron aparecendo os problemas, con encontros entre os dous sectores, lembrando sucesos tremendamente tensos en Muxía ou na mesma Torre. “Os percebeiros pedimos que se regule a súa extracción, porque alí por onde pasan, arrasan con todo, non volve nacer un percebe. Pero eles non queren nada”. Conta como unha zona de Mera, baseándose en estudos biolóxicos, tardou en recuperarse ao 100% máis de 5 anos tralo paso dos extratores da mexilla.

A protección

A raíz destes sucesos, aló por 2020, a Xunta decidía decidía escoitar aos percebeiros, e protexer da extracción da mexilla certas zonas, confraría.a confraría, e incluílas no Plan de Explotación do Percebe 2021-2024. Pero a presión nas últimas semanas do lobby da batea, con constantes mobilizacións ante a susposta baixada de capturas, fixo que a Xunta recuase e devolvese 25 deses km teoricamente protexidos aos extractores da mexilla.

Pero o procedemento foi irregular, e as federacións de confrarías presentaron alegacións que tiveron que ser aceptadas pola Xunta que estes días está enviando de novo ás confrarías as cartas, xa de xeito regular, para que permitan que os bateeiros actúen en moitas das zonas que hai 2 anos foron protexidas.

Así, a día de hoxe, apenas quedan protexidas para os percebeiros rochas da Torre (dende o Acuario, ata o cemiterio Moro, incluídas as 5 illas do Boi, Vaca, Becerra, da Galera e a illa do Pé) e un tramo pequeniño de Mera (dende Punta de Dexo ata Punta Bufadoiro, incluíndo as zonas da Insua, os Faros e Seixo Branco).

Furtivismo

Todo, no marco dunha realidade na que os percebeiros tamén teñen que pelexar co furtivismo, con auténticos profesionais que van ao percebe, pulpo, centola, ourizo…

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

Esquerda Revolucionaria acusa ao PP da Coruña de ser coma Vox por tentar prohibir un acto sobre Lenin

A portavoz de Esquerda Revolucionaria na Coruña, Beatriz García, denunciou unha "campaña matonil" do...

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

Impresionante o traballo normalizador que está a realizar o IES Rafael Dieste. Co alumnado...

Catro detidos tras un novo apuñalamento na zona de copas do Orzán

Catro persoas foron detidas esta madrugada tras o apuñalamento dun home na Coruña, na...

O conflito laboral en Jardincelas volve ás rúas de Cambre e Culleredo

Parecía, aló por febreiro, que o conflito laboral en Jardincelas ía camiño de solucionarse....

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here