Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Petón do Lobo leva a Bruxelas a mala xestión do noso monte e dos fondos Feder no rural galego

Pinar queimado verán 2017 Corcoesto
Piñeiral queimado no verán de 2017 en Corcoesto
O Petón do Lobo leva a Bruxelas a mala xestión do noso monte e dos fondos Feder no rural galego

Que os Fondos FEDER están para moitas cousas, menos para estruturar o noso monte, parece unha idea espallada entre todos os colectivos naturalistas do país. E non só pola idea coa que nacen estas axudas, senón tamén pola falta de iniciativa das entidades públicas e privadas na solicitude de proxectos encamiñados a organizar o noso terreo forestal.

E precisamente, desa falta de ordenación do territorio, nace un dos grandes problemas no país, os incendios.

Por aí nace o argumento que a asociación ambiental e cultural Petón do Lobo levará o vindeiro mércores, día 20 de febreiro, á Comisión de peticións do Parlamento europeo en Bruselas. A entidade costeira porá encima da mesa a mala xestión dos fondos comunitarios por parte da Xunta de Galicia na extinción dos incendios forestais.

“A pesar do Plano Forestal de 1992, 25 anos despois seguimos sen contar cun inventario de masas de frondosas autóctonas, ferramenta fundamental para poder planificar a súa conservación e xestión”, lamentan.

Prohibir o eucalipto

Area de monte afectada polos incendios Corcoesto veran 2017

Ademais da absoluta falta de transparencia da Xunta, Petón do Lobo lamenta que o gasto realizado no monte galego sexa exclusivamente en extinción (convertido nun auténtico negocio en mans privadas, ademais), en vez de facelo en ordenación, ou rexeneración dos nosos bosques con especies autóctonas e non con eucalito, que medra espontaneamente.

E precisamente consideran que “o aproveitamento forestal intensivo con especies alóctonas, pirófilas e de crecemento rápido comporta a deterioración de servizos ecosistémicos”. De aí que soliciten con urxencia que “o Parlamento europeo e a Comisión, insten o goberno da Xunta de Galicia a establecer sen demora, unha moratoria indefinida para as novas plantacións de especies do xénero Eucalyptus en todo o territorio galego. Prohibir o cultivo do Eucalyptus nitens”.

Biomasa

Así mesmo, a entidade cabanesa tamén solicitará ao Parlamento europeo, a revisión do préstamo que o Banco europeo de inversión (BEI) concedeu á Greenalia Biomass Power Curtis-Teixeiro S.L.U., para a súa planta de biomasa de Curtis, entendendo que a cantidade de masa forestal que necesita para ser viable (preve un consumo anual dunhas 500.000 toneladas de biomasa ao ano) e demasiado esaxerado para a realidade forestal galega, e vai repercutir na perpetuación do eucalipto.

A intervención está prevista para as 14:30 horas e poderase seguir en directo no enlace web do europarlamento.

Novas relacionadas

Comentarios