Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Plágaro abre a precampaña dende os xulgados

Plágaro abre a precampaña dende os xulgados
Pensado Plagaro durante a Festa da Pataca Pensado Plágaro exercendo aínda de teniente alcalde durante a Festa da Pataca de 2017 Plágaro abre a precampaña dende os xulgados Poderiamos dicir que xa se converteu nun clásico que en Coristanco se fagan as cousas ao revés do que a lóxica e os novos tempos políticos demandan, como tamén comeza a ser un clásico que o exalcalde e promotor da esquecida xudicialmente moción de censura, Antonio Pensado Plágaro, comece cedo as precampañas, e para ser máis orixinal que o resto, o faga nos Xulgados. Unha vez máis o veremos desfilando polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Carballo en febreiro de 2019, como investigado (o que xa fixo en 2014 e 2015 como imputado). E é que é un exemplo claro de que “o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra”, ou máis... como iremos vendo. Neste caso temos que remontarnos a un esperpéntico pleno de 13 de xuño de 2017 (festa de San Antonio de Agualada en Coristanco, ademais) no que un dos favoritos contratistas do exalcalde na súa época viuse favorecido pola aprobación dun pago de 60.902,30 euros, por “iluminar” distintos espazos na época do goberno do PP. /p> Nese pouco concorrido pleno ao que só foron 7 concelleiros e o Alcalde naquela época, Amancio Lavandeira, xa se albiscaba que a cousa non acabaría ben. Por unha banda Abraham Gerpe cualificaba aquilo de “chanchullo”, mentres Pensado Plágaro insistía en se procedese ao pago das facturas que, sen expediente e comprobación algunha, deixara pendente el e os seus concelleiros do PP. E o contratista, presente, dedicaba palabras no medio das intervencións de “pelota de ping pong” que se dirixían Pensado e Lavandeira e poñía o broche final á sesión. Tal e como manifestara en varias ocasións Gerpe, si saía alcalde daría traslado á Fiscalía dese pleno, intentando facer caer ao entón alcalde Lavandeira, pero o Fiscal entendeu que os feitos cometidos por Antonio Pensado, Juan García Velo e o “electricista” debían ser investigados. Parece pois que o xuízo oral poderá caer en breve no Xulgado nº2 de Carballo, mentres a Operación Pataca, pola que lle piden 36 anos de inhabilitación e máis de 4 anos de cárcere, segue esperando pola apertura do Xuízo Oral dende hai 8 meses. A cousa promete dentro do esperpento coristanqués: Pensado xa anunciou que formará unha agrupación independente e xa temos data para o arranque da precampaña.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/novo-varapao-xudicial-ao-pacto-da-mocion-de-censura-en-coristanco/

Máis novas

Artigos relacionados

Comentarios