Xoves. 06.08.2020
El tiempo

A poesía e o audiovisual toman a #AxendaCostadaMorte de Nadal

O Casino 1889 xa foi epicentro cultural a fin de semana pasada co Mercadillo Mercarte, e esta volve estar de actualidade cun finde audiovisual
O Casino 1889 xa foi epicentro cultural a fin de semana pasada co Mercadillo Mercarte, e esta volve estar de actualidade cun finde audiovisual
A poesía e o audiovisual toman a #AxendaCostadaMorte de Nadal

Non vai parar de chover en toda a fin de semana, pero igualmente a #AxendaCostadaMorte vén cargada de actividades varias. Ademais das propostas familiares municipais de Nadal, a fin de semana trae dúas actividades singulares: A finde audiovisual do Casino1889, e o Recital Poético Internacional de Cee.

Todos os programas de Nadal da Costa da Morte.

Finde audiovisual no Casino1889

Sen dúbida, o Casino 1889 será o epicentro cultural esta fin de semana. A fin de semana pasada xa celebrou un vistoso a vivido Mercadillo Mercarte, e esta fin de semana propón un maratón de curtas e charla con Miguel G. Abad para a tarde do sábado, e unha mesa redonda e proxeccións para a do domingo.

Tamén en clave audiovisual, cómpre destacar a estrea do vídeo de hora e media de fotos do Arquivo Vidal, que se dará o domingo no Museo do Mar de Laxe.

Recital poético Solidario Internacional en Cee

O Rock Corner Bar de Suso Bahamonde prepara a 6ª edición deste Festival Solidario que se celebra por todo o mundo. Haberá unha recollida de alimentos non perecedores, e recitarán os poetas máis comprometidos da Costa da Morte.

Outras citas

- A I Papanoelada de Carnota deixará a mítica estampa de ver pasar centos de papanoeis montados en moto pola comarca durante a xornada sabatina.

- O sábado a ANPA do cole de Laxe arma unha Chocolatada Solidaria.

- Por Baio, a noite do sábado vén completa, coa Entrega de Premios do Concurso de Fotografía das Torres do Allo e o espectáculo Papar sen Cancelas.

- En Muxía, o sábado hai unha sesión de maxia con Martín Camiña e Fani Triana e o domingo o Festival de Abaldeiras.

A noite do sábado tamén terá toque verbeneiro, coa 5ª Festa do Emigrante de Laxe.

- O domingo haberá Concerto de Nadal da Banda de Música de Cee. Unha vila da Xunqueira que tamén terá un sábado activo con charla e concerto de Panxoliñas.

 

EXPOSICIÓNS

  • O Albergue Bela Muxía inaugura este venres a exposición de Xesús Búa.
  • Tenda Turística Stoupa ten aberta a súa exposición Stoupidos2019 para pechar o curso. #Stoupidos2019 pode visitarse ata pasar a fin de semana de Reis, de martes a sábado de 12h a 14h e de 17h a 20h.
  • O Faro Vilán acolle a exposición de láminas de Purificación Lema del Río.
  • O Centro Cívico Malpica acolle a exposición ‘Redeiras, unha profesión con historia’, organizada pola Federación de Redeiras, unha profesión con historia’. Estará aproximadamente un mes.
  • Centro Sociocultural de Baio acolle unha exposición, feita polo alumnado do IES baiés, sobre o noso pasado. Pódese visitar de martes a venres de 15:30 a 21:30 horas e os sábados de 10:00 a 18:00 horas.
  • Galería Garabato expón a obra de Noemí D. Neira ata final de novembro.
  • Faro Vilán abre de 11:00h a 13:30h e de 15:30h a 19:00h de mércores a domingo.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos de 11:00 a 19:00. 
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

comentarios