Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O PP comarcal alertan dos problemas dos Concellos da Costa da Morte ante o retraso das transferencias do goberno central

Os rexedores califican de “falacia” o argumento esgrimido polo executivo central de que sen orzamentos do Estado non se pode facer efectiva a transferencia de devanditos fondos.

PP comarcal da Costa da Morte

Tiveron reunión esta semana os alcaldes e portavoces do Partido Popular da Costa da Morte, coincidindo co inicio do curso político da zona. Unha cita na que puxero sobre a mesa os problemas que terán os concellos para elaborar os seus orzamentos ante a falta dos recursos derivados da participación de ingresos do Estado e do resto de recursos financeiros que correspondena os concellos da comarca.

Diego Calvo e Evaristo Ben quixeron amosar a súa “profunda preocupación” polo atraso que o Goberno Central mantén na transferencia de preto de 2 millóns de euros procedentes da actualización das entregas a conta do Estado aos concellos desta zona.

“Non só non recibimos o que nos corresponde, senón que temos que afrontar novos gastos que nos xeran as decisións que toma o goberno central”, lamentan os populares.

Preparados para as eleccións

O PP provincial tamén ten claro as os comicios xerais o próximo mes de novembro son practicamente un camiño fixado no calendario, e aseguraron que a formación está preparada. ”Creemos que sería unha irresponsabilidade por parte de Pedro Sánchez, pero xa estamos afeitos a que, lonxe de velar polos intereses de todos os españois, preocúpese só polos seus”, dixo Calvo.

Comentarios