Domingo. 15.12.2019
El tiempo

Prazas abertas para o novo programa de axuda a emprendemento "Coworking Costa da Morte"

Imaxe das empredendoras da edición do ano pasado do Coworking da Costa da Morte
Imaxe das empredendoras da edición do ano pasado do Coworking da Costa da Morte
Prazas abertas para o novo programa de axuda a emprendemento "Coworking Costa da Morte"

Estes pasados anos desenvolvéronse, ao amparo do programa Coworking EOI -IGAPE, proxectos tan interesants como a tenda Arroutada en Muxia, o obradoiro oleiro de Fran Gorín, a nova liña da Casa Trillo ou a vangardista proposta gastronómica da Morada da Moa.

Este ano segue aberta a Convocatoria para a 5ª Edición do Coworking EOI · IGAPE Costa da Morte. Un programa que ten unha duración de 5 meses, e consta de un total de 100 horas de formación para cada emprendedor, organizadas en 40 horas de tutorías individualizadas, con mentores expertos que asignamos segundo o sector de actividade do proxecto; e talleres conxuntos (60 horas), orientados a adquirir coñecementos e desenvolver habilidades en distintos ámbitos (Lean Startup, Marketing Dixital, Financiamento, Comunicación, Xestión de RRHH, Técnicas de Ventas, etc.

O ano pasado o programa foi un completo fervedeoiro de emprendedores, que acabaron formando case que unha familia.

Podedes informarvos aquí ou enviar un correo a [email protected]

NOVAS EMPRENDENDORAS

Comentarios