Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os Premios de Economía Azul teñen innovación e deseño da Costa da Morte

Carbiotech ganou o Premio Innovacion de Economia Azul dos GALP 1
Carbiotech gañou o Premio Innovacion de Economia Azul dos GALP
Os Premios de Economía Azul teñen innovación e deseño da Costa da Morte

Tiña lugar este venres a Gala de entrega da segunda edición dos Premios Economía Azul, que artella a Consellería do Mar a través dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP). 5 proxectos da Costa da Morte estaban entre os finalistas, nunha gala que tiña un toque costeiro absolutamente recoñecible: a decoración do evento e dos premios foi obra de Palmira Castro, Mimadriña.

O deseno da gala dos Premios de Economia Azul foi de Mimadrina

Foron 7.000 os votos da veciñanza os que escolleron os premios a través da rede, que recoñecen o labor de 5 proxectos, que contaron cas axudas do GALP, e que “contribúen ao desenvolvemento da Galicia costeira pensando globalmente e actuando localmente”

O premio máis potente da noite, o Premio Innovación, recalou na Costa da Morte. A planta de produción de aceite de microalgas Carbiotech SLU, en Carballo, foi o escollido. Unha empresa na vangarda tecnolóxica, que mediante a obtención dun concentrado vexetal mariño con alto contido en DHA (Omega 3), xenera un aceite que poderá comercializarse como ingrediente na fabricación de produtos nutracéuticos e como materia prima para alimentos nos que sexa necesario un enriquecemento con DHA, que actualmente se obtén principalmente do peixe.

O resto iniciativas que resultaron gañadoras destes premios foron no eido de apoio á pesca costeira artesanal, o proxecto Do mar á mesa: Depuración e punto de venda, do GALP A Mariña-Ortegal. No ámbito da creación de emprego, a iniciativa gañadora foi Albergue Estela do Mar, do GALP Ría de Vigo-A Guarda, e no de diversificación, o proxecto elixido foi Obras de Restauración do Dique da Cabana e a súa contorna, do GALP Golfo Ártabro Norte.

A gala estivo conducida polas actrices Marta Pérez e Diana Sieira de Inversa Teatro e, tralo acto de entrega de galardóns a todos os distinguidos polo seu traballo, contou cun peche musical a cargo de Davide Salvado.

Novas relacionadas

Comentarios