Xoves. 25.04.2024
El tiempo

PSOE e PP presentan unha moción de censura en Coristanco

PSOE e PP presentan unha moción de censura en Coristanco
Abraham Gerpe-Amancio Lavandeira-Pensado Plagaro-Coristanco Abraham Gerpe (PSOE), Amancio Lavandeira (actual alcalde de TeGa) e Pensado Plágaro
(PP), protagonistas hoxe da política de Coristanco Novo xiro da xa de por si enrevesada política municipal de Coristanco. Ata o punto de que hoxe o PSOE e o PP veñen de presentar esta mañá de martes 8 de xullo unha moción de censura. Unha moción presentada polo edil do PSOE, Abraham Gerpe (”o alcaldable” máis novo do PSdG en toda a provincia nas últimas eleccións), e apoiada polos 6 edís do PP. Deste xeito, de saír adiante a moción de censura que se votará no vindeiro pleno, Abraham Gerpe será investido novo alcalde de Coristanco. O propio Abraham Gerpe valora o novo pacto PSOE-PP con relativa incredulidade. "É unha situación que creo que non se dá en ningunha parte de España. Que 6 concelleiros do PP apoien a un único edil do PSOE como alcalde, e sen condicionantes, é dicir, sen pedir ningunha área de goberno concreta, demostra que o meu partido fixo unha moi boa negociación", facendo referencia a que foron as agrupacións Local e Provincial as que decidiron levar adiante a moción tras un denso debate. A militancia Local rexistrou un empate mentres que na Provincial convenceron os argumentos dos favorables e é aí cando dan a orde a Gerpe de levar adiante a moción. "Teño que aceptar a alcaldía, con moita ilusión, porque hai que darlle unha volta ao concello. Estamos nunha situación completamente inestable. Entre no goberno hai dous anos para intentar purgalo e agora estamos aínda peor. Eu hai 13 veces preferín renunciar ao meu salario, pero segue a cousa moi parada, perdendo subvencións... un coste social moi alto para os veciños. Agora, iso si, teño claro que non vou ter soldo, aos veciños e veciñas de Coristanco non se lle vai cobrar un euro pola miña xestión. E non é demagoxia, que creo os políticos teñen que cobrar, pero co endebedamento que hai aquí, non pode ser". Gerpe criticou o último anuncio da mellora da situación económica do Concello denunciando a "xestión insostible do alcalde, que non se entende nin cos do seu propio partido.. Non poden dicir que hai 4 millóns de remanente cando hai empresarios que levan 3 anos sen cobrar. É moi fácil ter remanente de tesourería sen pagarlle a ninguén", sinala. Ademais, lamenta outras actitudes do alcalde como "a falta de transparencia ou de diálogo. En 6 meses o alcalde non falou nin unha vez comigo e como nos concellos pequenos se pode facer todo por resolución da alcaldía xa non ten que dar contas a ninguén". O aínda alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, amósase sorprendido unha que vez “é verdade que rumores sempre houbo, pero sorpréndeme porque non é moi un pacto moi natural. Eu entendo que no seu momento o propio candidato do PSOE xuraban que nunca se podería facer, e ás veces as palabras as leva o vento. Neste caso hai que aceptar o que veña”. Así, o pleno, que queda convocado automaticamente para o 10º despois da presentación (en principio o vindeiro mércores 23 de agosto), determinará se se efectúa o cambio de goberno, algo que parece máis que factible se os edís do PP (teñen asinado o apoio ante notario) manteñen o seu apoio a Gerpe.  

Paso a paso do goberno municipal

Equipo de goberno de Coristanco en xuno de 2015 3 membros do equipo de Goberno que comezou a traballar en xuño 2015 deixaron o goberno O que comezou hai pouco máis de dous anos como un goberno tripartito, foi desmemebrándose. Primeiro, en xuño de 2016, baixou do barco Abraham Gerpe, a pata socialista do tripartito e hoxe protagonista. 6 meses despois deixaba o trespés cunha soa pata a edil do BNG Laura Mariño. Ata a propia membra de TeGa Verónica Facal deixaba o goberno en xuño deste ano.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios