Xoves. 28.03.2024
El tiempo

QPC, 9 anos creando unha Comunidade arredor da Costa da Morte

QPC, 9 anos creando unha Comunidade arredor da Costa da Morte
9anosQPC Era finais de xullo de 2007 cando o diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta publicaba a súa primeira nova. Xa pasaron 9 anos dende entón, e este humilde experimento informativo segue funcionando. E con máis forza que nunca.

#ComunidadeQPC

E estes días cómpre recordar as orixes deste diario para refrendar a necesidade deste proxecto con vocación de servizo público. O primeiro xerme de QPC xurdía trala ondanada de incendios de 2006. Daquela, no seu da pequena empresa corcubionesa Galinus, vivíronse días de pánico ante a invasión do lume nas casas, e ante a falta de información. Ese baleiro informativo na rede sobre a Costa da Morte foi o que impulsou á empresa a crear este diario, co hiperlocalismo como bandeira pero coa intención de vertebrar e aumentar o sentido comarcal a Costa da Morte. Esta pasada semana a #ComunidadeQPC demostrou toda a súa potencialidade. Cando dicimos que o xornalismo cidadán é unha realidade na nosa bisbarra é por cousas coma estas. En apenas 3 días recibimos arredor de 200 mensaxes con fotos, vídeos, impresións, datos... de veciñ@s que quixeron compartir o estado dos incendios en Cee, Fisterra, Vimianzo... O noso whatsapp e o noso Facebook botaron fume (nunca peor dito), chegando a alcanzar a máis de 170.000 persoas durante eses días. Gracias!

Datos

No que vai de 2016, máis de 230.000 usuarios teñen iniciado case 600.000 sesións en QPC. Isto fai unha media de 3.500 visitantes diarios, tendo uns 25.000 usuarios semanais, é dicir, lectores que pasan alomenos unha vez á semana polo noso diario. Temos ademais máis de 16.000 usuarios no noso Facebook e máis de 7.000 no noso twitter. Son datos tremendamente relevantes para unha zona cunha poboación estimada de 150.000 habitantes, cunha elevadísima idade media, e cunhas infraestruturas da comunicación malísimas. Que 1 de cada 6 habitantes da nosa sexa usuario de QPC, é todo un orgullo. Extrapolando datos a nivel estatal, situaríannos como o xornal máis lido de España, con case 8 millóns de lectores, ou con medio millón de visitantes a nivel galego. Pero a nosa aposta e o noso compromiso segue a ser a Costa da Morte.

Evolución da rede na Costa

E precisamente a superación da fenda dixital foi sempre un dos claros obxectivos deste diario. E cremos que temos posto o noso grao de area, dando argumentos dixitais para que a xente da nosa bisbarra entre na rede, para que os datos de implantación de internet teñan mellorando tanto como indica esta gráfica: Implantacion de internet Costa da Morte 2018 Implantacion de internet Costa da Morte 2013 O máis importante. Gracias por estar aí.  

Fonte

Comentarios