Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Quepasanacosta chega a Luanda

Quepasanacosta chega a Luanda
Xogadores do Renaicenca Estoril coa camisola de Quepasanacosta Xogadores do Renaicença Estoril coa camisola de Quepasanacosta Este mes de xuño, QPC cumpriu un soño. O soño de poder axudar dende este pequeno recuncho do fin da terra, a nenos do outro lado do planeta, do esquecido continente africano. Gracias á idea de Julio Vila, a colaboración de entidades como Cruz Vermella Vimianzo ou as Escolas Luis Calvo, puidemos enviar unha marea de botas e balóns usados a Angola, a través da Academia de Futebol de Angola. Pero ademais, a nosa colaboración cos rapaces daquel país lusófono quixo ir máis aló, doando unha equipación completa para un equipo de fútbol base da capital. Dende esta semana, o Renaicença Estoril, equipo con cativos nados entre 2004 e 2005 do barrio de Golfe da capital do país, Luanda, viste as camisolas enviadas por Quepasanacosta. Todo un orgullo, un soño cumplido, que nos anima a seguir realizando accións solidarias con este país, e que refrenda a idea que temos do Fútbol da Costa como un axente transformador, non só da nosa sociedade, senón do mundo enteiro. Toni Cortes fixo entrega das camisetas aos rapaces do Renaicença Estoril Toni Cortes fixo entrega das camisetas aos rapaces do Renaicenca Estoril Xogadores do Renaicenca Estoril coa camisola de Quepasanacosta 2 Algúns dos xogadores do Renaicenca Estoril coa camisola de Quepasanacosta 2

Clasificando o material

Os máis de 20 balóns enviados xa corren polos campos de terra luandeses, se ben estes días a familia da Academia de Futebol de Angola, da man de Toni Cortés, o contacto con Galicia, está clasificando por números todas as botas enviadas, e as van ir entregando aos clubs do barrios e algúns dos propios deportistas da Academia, que tamén as precisan.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/qpcsolidario-unha-marea-de-material-deportivo-do-futbol-da-costa-para-angola/ https://quepasanacosta.gal/toni-cortes-gran-parte-da-poboacion-de-angola-non-pode-acceder-nin-a-ter-unhas-botas-ou-un-balon-de-futbol/

Comentarios