Martes. 19.03.2024
El tiempo

Queres traballar en QPC?

Queres traballar en QPC?

QPC quere incorporar ao seu equipo unha persoa en prácticas a través dunha bola FEUGA. Unha oportunidade para aprender como é o mundo dun diario dixital, en poñer en práctica o aprendido durante a carreira.

O máis importante é que che guste escribir, porque aquí estamos para contar historias. Sería importante ter coñecemento e uso das redes sociais, e dominar as ferramentas de creación de contidos audiovisuais.

Trátase dunha bolsa de 3 meses, prorrogable, cun contrato a media xornada. Para optar á bolsa FEUGA cómpre cumprir;

  • Ter unha licenciatura universitaria obtida nalgunha das universidades galegas.
  • Ser menor de 31 anos.
  • Sen experiencia laboral previa.

Se esta oferta encaixa co teu perfil e te apetece traballar en QPC, envíanos o teu CV a [email protected] e inscríbete neste enlace:

Comentarios