Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rafael Lema, Branca Vilela e Manuel Rey Pan levan á Costa da Morte á TV

Rafael Lema ravando en Camelle
Rafael Lema gravando en Camelle
Rafael Lema, Branca Vilela e Manuel Rey Pan levan á Costa da Morte á TV

O equipo do programa de divulgación literaria “Página Dos”s de TVE2, que dirixe Oscar López, estivo o pasdao xoves na Costa da Morte entrevistando aos escritores Rafael Lema e Branca Vilela. As reflexións do escritor da Ponte do Porto e a poeta fisterrá acompañarán a unha entrevista ao novelista galego Manuel Jabois e a súa última obra “Miss Marte”, que se desenvolve na nosa comarca.

Rafael Lema, que foi gravado no Museo Man de Camelle, e falou da relación da súa obra coa Costa da Morte e sobre o mundo dos naufragios, xa que a protagonista da novela de Jabois, a xornalista Berta Soneira, chega á comarca con “Costa da Morte, un país de soños e naufraxios” de Rafael Lema debaixo do brazo.

Branca Vilela leu algúns dos seus poemas en Baldaio, e falou sobre a súa antoloxía "Costa da Morte. Territorio Literario".

Tamén foi entrevistado Manuel Rey Pan, autor do libro sobre a Ataxia da Costa da Morte, no Cemiterio dos Ingleses de Camariñas para falar sobre esta enfermidade rara que sofren 150 persoas na Costa da Morte.

O programa emitirase o martes 30 de marzo ás 19,50 horas.

Comentarios