Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Recta final para o Álbum de Cromos do Fútbol da Costa

Recta final para o Álbum de Cromos do Fútbol da Costa
Portada ALBUM CROMOS FUTBOL DA COSTA 2018-2019 copia Despois de 4 meses de intenso traballo, o equipo de QPC e Sportcrom están ultimando detalles para ter, de cara a este nadal, o segundo álbum de cromos da historia do Fútbol da Costa. Unha iniciativa única no fútbol modesto galego, que engrandece o mito social do noso deporte. Este ano o álbum vén cargado. Serán máis de 900 cromos, para os 40 equipos participantes. Os equipos de Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Galicia, estarán acompañados ademais polos dous equipos do noso fútbol feminino e os colexiados.

Presentación e puntos de venta

Pronto anunciaremos a data e o lugar da presentación oficial, así como o personaxe que nos acompañará en tal simbólica data. Como aquel 30 de novembro de 2013, volverá ser Mónica Martínez a encargada de dirixir o evento. Anunciaremos alí onde se van poder adquirir os cromos, pois este ano serán moitos os clubs que xestionen nas súas cantinas a venda dos mesmos.

Agradecementos

O equipo de QPC agradece a inmensa labor de David Castro correndo detrás dos equipos para conseguir unhas fotos de máxima calidade. E por suposto, aos patrocinadores, nomeadamente a La Pitusa, por erixirse como o patrocinador oficial, pero tamén a Mariscos Antón, Centro Comercial Finisterrae, os Oleiros de Buño, Clínica Dental Pose, Óptica Pose, Clínica O Burgo Carballo, Fútbol Táctico, O Semáforo, Bazarra, OEMáis, Restaurante Río Sil, Concello de Dumbría, Máis Deporte, Concello de VImianzo, Madeiras Muñiño, Vitureira Bouzas, Sergesco, Reale Malpica, González Estalote, Reale Baio-Zas, Reale Ponteceso, López Cao, Busto, Autocares J. Pobo, A Molinera, Madeiras Caamaño, Albañilería Esteban Blanco, Apligasa, Mobles Ordóñez, "Abogados Jesus M Fernandez Caamano, Parrilladas Enxebre, Bar El Muelle, PhoneHouse Cee e Saunier Duval.  

Todas as novas do Álbum

“Da repercusión mediática do Álbum de Cromos da Costa” — Que pasa na costa “A noite das estrellas do Fútbol da Costa” — Que pasa na costa

Comentarios