Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Este sábado comezan a funcionar as novas liñas do Transporte Integrado

Autos Facal
Autos Facal, unha das empresas costeiras que forman a UTE Galicia
Este sábado comezan a funcionar as novas liñas do Transporte Integrado

www.bus.gal é a nova plataforma aberta para organizar as viaxes en autobús. Unha ferramenta básica, que había anos que necesitaba este país, pero que aínda necesita moita implementación para ser perfectamente útil.

Unha plataforma aberta xusto cando comeza a funcionar o polémico proceso de implatación do Plan de transporte público de Galicia, no que unha UTE formada por unha ducia de empresas costeiras conseguiron dous lotes importantes loitando contra grandes multinacionais do transporte.

A “UTE Galicia” comeza este sábado a facer as liñas do lote XG-811 (Norte da comarca de Bergantiños e termo municipal de Camariñas, e a súa unión con Santiago) e o XG-845 (Termos municipais de Santa Comba, Mazaricos e Zas). Liñas escolares que tamén levarán pasaxeiros na nova modaliade de Transporte Integrado.

Arriva segue facendo a liña Coruña-Fisterra, e os 19 contratos restantes que completan o Plan adxudicaranse nos vindeiros meses, unha vez resoltos todos os recursos, co obxectivo de acadar a plena implantación a comezos de 2021.

Unha das novidades son as Tarxetas de Transporte Metropolitano de Galicia e da tarxeta Xente Nova, dispositivo para que os menores de 21 anos viaxen de balde no transporte dependente da Xunta.

Novas relacionadas

Comentarios