Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Sae a exposición pública o Parque Monte Toural, a terceira parte do megaproxecto eólico que afecta a Carballo, Coristanco e Santa Comba

Sae a exposición pública o Parque Monte Toural, a terceira parte do megaproxecto eólico que afecta a Carballo, Coristanco e Santa Comba
Parques eolicos de Bustelo Campelo e Monte Toural Mapa dos Parques eolicos de Bustelo Campelo e Monte Toural-Fonte-ADEGA

Este xoves 19 de xullo sae no DOG a exposición do Parque Eólico de Monte Toural (expediente IN408A 2017/17), o que quedaba pendente do tridente de parques que invadirán zonas dos Concellos de Coristanco, Carballo, Santa Comba e Tordoira. Tres parques (Bustelo-Campelo-Monte Toural) tramitados de xeito fraudulento para ADEGA e BNG, que consideran que se trata dun único mega proxecto.

O proxecto de Monte Toural afecta directamente aos concellos de Santa Comba e Coristanco, quedando entre a lendaria lagoa da Braña Rubia e Portorrubio, moi preto do campo de fútbol de Alcaián.

O proxecto inclúe de novo a proposta de “declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental”. Un xeito fácil de esquivar calquera problema medioambiental ou patrimonial.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-de-coristanco-alega-e-informa-sobre-os-novos-proxectos-eolicos/ https://quepasanacosta.gal/adega-denuncia-a-tramitacion-fraudulenta-e-a-ameaza-a-flora-endemica-dos-parques-eolicos-de-bustelo-campelo-e-monte-toural/ https://quepasanacosta.gal/o-bng-de-coristanco-enfrontanse-aos-tres-novos-parques-eolicos-que-invadiran-a-comarca/

Artigos relacionados

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Comentarios