Seis rutas de sendeirismo compoñen o programa de outono de Senda Nova
08:28 22/10/15
Membros de Senda Nova presentaron o martes en Erbecedo (Coristanco) o IV Outono en Marcha
Un total de seis percorridos compoñen un novo programa de rutas de sendeirismo que baixo o nome "Outono en Marcha" organiza a asociación ecoloxista Senda Nova. A senda das capelas, Razo-Baldaio para protexer, Terras do marqués, Vía alcaianus, As pegadas do wolframio e a ruta das Férvedas son os percorridos establecidos e nos que poden participar todos aqueles interesados apuntados previamente.
A cuarta edición do Outono en Marcha de Senda Nova arranca este domingo, 24 de outubro, en A Laracha coa Senda das Capelas. O percorrido, duns 16 km de distancia, ten unha dificultade media. O horario das saídas é ás 8:00 horas do concello de Coristanco, quince minutos máis tarde do local de Senda Nova situado no lugar de Erbecedo e ás 8:30 diante da casa consistorial de A Laracha.
Para Senda Nova, o principal obxectivo deste programa de sendeirismo presentado o pasado martes é dar a coñecer o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da bisbarra ademais de fomentar o deporte no medio natural e o espíritu aventureiro, especialmente entre a mocidade.
As 6 rutas
Así, os domingos de novembro terán estas saídas: Máis información:- www.sendanova.org
- [email protected]
- No número de teléfono 696 155 232
- Senda Nova presenta o seu programa de marchas para o outono
- Senda Nova bota a andar a súa escola ambiental
- Senda Nova remata o seu verán máis natural
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova