Venres. 29.03.2024
El tiempo

Senda Nova activa as semanas de natureza e paisaxe a base de obradoiros

Senda Nova activa as semanas de natureza e paisaxe a base de obradoiros
semana natureza senda nova Mañá activarase de novo as II semanas de Natureza e Paisaxe que vén desenvolvemendo nos últimos días a asociación ecoloxista Senda Nova. Así a partir das 19 horas terá lugar o obradoiro de Observación e convivencia para nenos e nenas maiores de 7 anos.  Na actividade levaranse a cabo diversas dinámicas e actividades na natureza, como unha pequena ruta de sendeirismo, xogos, cea conxunta a beira do candil, e finalmente pernoctaremos todos xuntos ao aire libre. O obradoiro remata o sábado despois do almorzo. Xa a vindeira semana, concretamente o 11 de xuño, terá lugar un obradoiro de cesteiría dirixido aos máis pequenos. María, cesteira, será a encargada de impartir o curso que será na parroquia larachesa de Montemaior. O principal obxectivo da actividade époñer en valor e darlle a coñecer aos nenos e nenas un oficio tan antigo como este, e que se atopa en regresión. As II semanas de Natureza e Paisaxe rematan os días 17, 18 e 19 de xuño cunha xornadas de convivencia que se desenvolverán en Ernes - Negueira de Muñiz e na que os asistentes adquirirán os principios da autosuficiencia e da autoxestión. A actividade está dirixida a persoas de calquera idade. Para asistir será necesario apuntarse a abonar a cuota correspondente (30€ os nenos e nenas socios e membros da escola ambiental de Senda Nova; 40€ para os nenos e nenas non socios e socios maiores de idade e 50€ para todas aquelas maiores de 18 anos que non sexan socias da organización ecoloxista). Os interesados poden informarse no número de teléfono 636326083 ou enviando un email a [email protected]. Novas relacionadas Fonte

Comentarios