Martes. 15.10.2024
El tiempo

Socialistas de Bergantiños critican a falta de investimento na comarca

PSOE BERGANTIÑOS
Socialistas de Bergantiños critican a falta de investimento na comarca

Seguen chovendo críticas aos Orzamentos da Xunta para 2023, e a súa falta de atención á nosa comarca. Se a semana pasada precisamente eran os Socialistas de Coristanco e Malpica, este pasado venres foi o PSOE bergantiñán o que criticou que as contas “esquecen e menosprezan á comarca”.

As contas “son un castigo á provincia da Coruña, gobernada maioritariamente polo PSdeG”, denuncia Aitor Bouza, da executiva provincial. A comarca de Bergantiños “recibirá algo máis de 4 millóns de euros, un presuposto escaso co que pretenden acometer infraestruturas fundamentais, como a variante de Carballo. Esta obra leva anos aparecendo nas contas do Partido Popular, pero nunca se executa e, de feito, teñen previsto que as cargas maiores sexan cara o ano 2026, polo que seguirá sen completarse esta necesaria infraestrutura”.

Lamentan que Certas infraestruturas, como a variante de Carballo, o polígono industrial de Coristanco ou a dársena interior de Malpica, “contan con partidas orzamentarias ínfimas e que non permiten realizar proxectos desa envergadura”, sinala o coordinador comarcal, Sergio García.

Pola contra, denuncian que A Laracha, gobernada polo PP, “recibirá unha importante partida para saneamento, malia que a Xunta sempre afirma que é competencia municipal”, explica a deputada Begoña Rodríguez Rumbo.

Novas relacionadas

Comentarios