Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Stoupa acolle a exposición colectiva 'Stoupidos 2018'

Stoupa acolle a exposición colectiva 'Stoupidos 2018'
'Stoupidos2018' é o título da exposición que xa se pode visitar na Tenda Turística Stoupa de Cee. Trátase dunha mostra colectiva dos autores máis recoñecidos da Costa da Morte, e que adoitan colaborar coa galería ceense. Así, é unha colección conxunta que abarca todas as disciplinas artísticas e culturais, e que ten como obxectivo invitar a todas aquelas persoas que visiten a tenda-galeria a que regalen artesanía, pintura, escultura, moda, xoiería, literatura, fotografía ou música de autores da nosa terra. Ás novas pezas dos autores que xa estiveron desde o principio no proxecto Stoupidos (Nano Unzueta, Oleria Aparicio, Viki Rivadulla, Yano Yoro, Nacho Porto, Manuel Canosa, Jesica Coiradas, Xoanxo Cespón, Frank Buschmann, Marcos Rodríguez, Nando Lestón, Pepe de Olegario, Mimadriña, Redeiras de Corme, María Lema, Marinna Mouzo, Carmen Labrador ou Mighel FK), únense este ano proxectos de novos colaboradores como Teresa Candal, Enrique Lista, Mon Lendoiro, Roque Rey, Laura Tova, Alivavás, Isabel Neira , Xosé Iglesias ou Fernando Rei. A exposición poderá visitarse durante todo o Nadal ata Reis, de luns a sábados de 12-14 horas e de 17-21 horas. Así mesmo, nesta exposición de Nadal resulta moi atractiva a nova colección de paquetes regalo “100% Costa da Morte”, que combina produtos autóctonos de emprendedores da nosa terra, como por exemplo cervexas artesás, tónicas ou xenebras feitas con auga de mar do Coido de Sabadelle, con obras dos autores máis recoñecidos da comarca en artesanía, literatura ou música. Stoupidos 2017 2 copia Inauguración da mostra Sroupidos2017 Sesión vermú fin de ano Ademais, o próximo domingo 23, Stoupa reunirá aos seus colaboradores e amigos nunha sesión vermú fin de ano para brindar pola prosperidade no ano 2019 dos creadores da nosa terra. Ao igual ca en anos anteriores, este encontro servirá para xuntar o mellor da arte, da cultura e do emprendemento da Costa da Morte. https://quepasanacosta.gal/stoupa-o-punto-de-encontro-da-artesania-e-a-cultura-da-costa-da-morte/

Comentarios