Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Teatro do bo para comezar o ano en Santa Comba

Teatro do bo para comezar o ano en Santa Comba
Esta tarde, a partires das 20:15 horas, temos unha cita co teatro galego no baixo da Vivenda Comunitaria de Santa Comba. Fran Rei e Pedro Brandariz traen ó esceario o espectáculo Feliciano; interpretada polos populares personaxes O Gordo e O Calvo que cada venres actúan no programa Luar da TVG. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Santa Comba é o encargado de organizar o evento apto para todos os público. Feliciano, un espectáculo cargado de humor, tratará con retranca sobre as festas do Nadal a través de diferentes situacións cómicas e co espíritu clown que caracteriza a estes dous actores. Ao longo desta aloucada comedia, o público poderá atopas esceas que a miúdo soemos vivir nestas datas navideñas dende o punto de vista cómico. Rastrillo solidario E mañá, sábado 3 de xaneiro, tamén teremos máis actividades por Santa Comba. O BM Xallas organiza o 2º rastrillo solidario na feira da vila (sempre e cando o tempo o permita). Todas as persoas que queiran participar poden achegarse ata o recinto feiral con alimentos, xoguetes, libros, productos para a hixiene persoal, etc. Todo o que se recuade no rastrillo doarase a Cáritas de Santa Comba para que o distrubúan entre os veciños que máis o necesiten. ¡Unha vez máis, demostremos que somos solidarios!

Comentarios