Venres. 19.04.2024
El tiempo

Teatro, proxeccións e moito #25N copan a #AxendaCostadaMorte

logo-en-negro copia
Teatro, proxeccións e moito #25N copan a #AxendaCostadaMorte

Esta fin de semana de novembro de frío e auga temos, na AxendaCostadaMorte unha manchea de propostas culturais para non pasarmos fríos. Pero cómpre lembrar que o luns é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, polo que en QPC recollemos todas as novas e actividades que se fan ao seu redor na etiqueta #25N.

Hai concentracións, obradoiros, charlas, debates, e tamén teatro arredor da data.

En canto ás sesións de teatro, teremos citas de calidade en Santa Comba, Vimianzo, Malpica, Ponteceso, ou Muros.

Unha das citas da fin de semana é a IV Foliada de Baio, que organiza o alumnado do IES Maximino Romero de Lema pero que supera calquera evento realizado por profesionais.

Teremos varias proxeccións, como a do documental 'Estruturas' no Casino 1889 no marco do Galidoc.

E varias citas ca música, como o Novembro con Música de Carballo que nos trae o venres unha cita teatral , o Concerto comentado de Edelmiro Fernande, ou o rockeiro concerto de Versión Imposible en Vimianzo.

Comentarios