Toda a oferta de FP na Costa da Morte

Ata o día 8 de xullo, inclusive, está aberto o prazo nos Institutos da comarca para matricularse en calquera ciclo formativo de Formación Profesional. Unha verdadeira opción formativa con futuro.

Así e todo, e analizado toda a oferta da Costa da Morte, notamos que hai moita electromecánica e administracións, pero lamentamos a falta de materias tan importantes para os nosos sectores produtivos como son a hostalería ou o agro.

FP DUAL

Unha das novidades deste curso é a aposta pola FP Dual. Nesta modalidade, combínase moito a teoría coa práctica en empresa. Na comarca temos dúas opcións, unha vez que o IES de Baio vén de conseguir ampliar a súa oferta:

Concello Centro Grao Empresas
Carballo IES Monte Neme Superior Mecatrónica industrial Calvo Conservas, S.L
Glaucor Ingenería, SA
Maquinaria Agrícola Cancela, S.L
Sogama
Unión Empresas Madereras
Zas IES Maximino Romero de Lema Superior Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma Imatia Innovation, S.L

 

A Oferta completa de FP na Costa da Morte

IES Fernando Blanco (Cee)

A oferta de ciclos formativos do centro ceense é a seguinte:
- Ciclo de grao superior de Administración e finanzas.
- Ciclo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
- Ciclo de grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles.
- Ciclo de grao medio de Xestión administrativa.
- Ciclo de grao medio de Mantemento electromecánico.

IES Agra Raíces (Cee)

O centro ceense ofrece o Grao medio de Coidados auxiliares de enfermaría.

IES Maximino Romero de Lema (Baio)

Ademais da oferta do FP Dual, o centro baies ten o Grao medio de Sistemas microinformáticos e redes (que pode servir de ponte co DUAL de aplicacións) e o Grao básico de Informática de oficina.

IES Terra do Xallas (Santa Comba)

O IES Terra do Xallas ofrece Ciclo Medio e Ciclo Superior de Adminstración. Ofrecen formación en grupos reducido, con prácticas e cunha clara vontade de adquirir competencias profesionais para unha das saídas formacións con maior inserción laboral.

Ademais, o cdngtro xalleiro tamén ten os Grao básicos de Cociña e restauración e de Mantemento de vehículos.

IES Terra de Soneira (Vimianzo)

O centro vimiancés ten abertos os Ciclos Formativos, Medio e Superior, da Familia de Administración e Finanzas.
Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos, así como unha moi alta inserción laboral.

IES Parga Pondal (Carballo)

O centro carballés ofrece o Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (CS/ASIR).

IES Alfredo Brañas (Carballo)

O Centro carballés ofrece un Grao medio de Actividades comerciais.

IES Monte Neme (Carballo)

Ademais da proposta DUAL de Mecatrónica industrial, o centro carballés ofrece:
- Grao básico de Electricidade e electrónica;
- Brao Básico de Fabricación e montaxe;
- Grao medio de Instalacións de telecomunicacións;
- Grao Medio de Instalacións eléctricas e automáticas;
- Grao Medio de Mecanizado;
- Grao Medio de Xestión administrativa;
- Grao Superior de Administración e finanzas;
- Grao Superior de Mantemento electrónico.

EFAG Fonteboa (Coristanco)

O Centro coristanqués, o único da comarca que ofrece formación agraria:
- Grao medio de Produción agropecuaria.
- Grao superior de Gandaría e asistencia en sanidade animal;
- Grao Superior de Paisaxismo e medio rural.

IES Plurilingüe Fontexería (Muros)

O centro muradán ofrece:
- Grao básico de Informática de oficina;
- Grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.

IES Eduardo Pondal (Ponteceso)

O centro pontecesán ofrece:
- Grao básico de Mantemento de vehículos;
- Grao básico de Servizos administrativos;
- Grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles;
- Grao medio de Xestión administrativa.

 

Novas relacionadas