Venres. 29.03.2024
El tiempo

As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe

Manifestacion das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar en Santiago
Manifestación das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar en Santiago o pasado mes de abril
As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe

Comezaba unha nova folga este vindeiro luns 6 de febreiro para as traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar. Centos de traballadoras de toda Galicia das residencias de maiores da Xunta e das Escoliñas Galiña Azul volverían saír á rúa para pedir que, despois de 10, 12 ou 14 anos traballando de xeito irregular pola falta de responsabilidade da administración, se lles regularizase a situación.

Unha nova Oferta de Emprego Público botaría pola borda todo o seu esforzo durante tantos anos.

Pero tras moitos meses de duras protestas, paróns e negociacións, o sindicato CNT vén de desconvocar a folga tras chegar a un acordo co Consorcio para comezar “unha negociación de boa fe” entre ambas entidades. O acordo deixa paralizadas as convocatorias de prazas do Consorcio incluídas na OPE 2020.

”Por fin, conseguimos que se sentaran a falar connosco”, sinalan as profesionais dos centros costeiros, esperanzadas de poder solucionar a especial situación de temporalidade estrutural do Consorcio.

A primeira reunión xa fixada para o día 15, será para a consideración de persoal a extinguir, que foi o proposto, dende un primeiro momento, nas diversas convocatorias de folga.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios