Xoves. 25.04.2019
El tiempo

Os traballadores do transporte sanitario avalan o preacordo conseguido polos sindicatos unidos

Unha das asembleas dos traballadores do transporte sanitario
Unha das asembleas dos traballadores do transporte sanitario
Os traballadores do transporte sanitario avalan o preacordo conseguido polos sindicatos unidos

Tras máis dun mes de accións e negociacións, os traballadores transporte colectivo teñen xa un convenio decente. Tras case 4 anos de soldos conxelados, conseguen unha suba importante (arredor do 22%, contando extras...) de aquí ao 2022. Suspéndese así a folga indefinida que había programada para onte mesmo, porén “iso non quere dicir que se desconvoque a folga xa que este paso só se dará no momento da sinatura definitiva do convenio, porque coñecemos como as gasta a nosa patronal e a súa nula fiabilidade”.

Con estas palabras deixan claro a postura os sindicatos. Así o ratificaron a pasada noite de mércores 20 os traballadores, votando nun 81% a favor do preacordo avalado polos tres sindicatos unidos, UGT, CCOO e CIG. Unhas asembleas que contaron cunha altísima participación.

Agora as miradas están no día 25 cando teña lugar a que pode ser a última mesa de negociación.

Novas relacionadas

Comentarios