Os traballadores de XEAL extenden ao Ézaro as súas protestas contra un ERTE "ilegal"

Traballadores de XEAL no Ezaro

Tivo lugar este xoves a terceira protesta que realizan os traballadores de XEAL esta semana. Convocados polo Comité no marco do novo calendario de mobilizacións, e coincidindo co comezo de aplicación do ERTE anunciado a semana pasada, os traballadores achegáronse ata as centrais hidroeléctricas do Ézaro para extender a súa protesta por un ERTE que consideran ilegal, por ser firmado hai 19 meses, pola anterior dirección e sen representación sindical dos centros de traballo costeiros.

Un ERTE rotativo que afecta a todos/as os/as traballadores/as das fábricas ata o 28 de febreiro de 2021 nun promedio do 35% da xornada laboral. Queda fóra do ERTE o persoal das centrais, que están ao 100% da súa capacidade produtiva, "o que resulta moi significativo de cal é o negocio que lle interesa a XEAL”.

O Comité segue pensando que se trata de desmantelar a e quedar con negocio hidroeléctrico, pois a día de hoxe “a produción en Cee e Dumbría baixou nun 90%, cando no mercado internacional a caída foi de apenas 30%), e mentres a actividade dos aproveitamentos hidráulicos non deixou de medrar, xerándolle no que vai de ano millonarios beneficios a XEAL.

A Xunta

O Comité segue pedindo a actuación da Xunta que esixa á empresa o Plan de Viabilidade prometido, que manteña os postos de traballo e que cumpla coas condicións da vinculación entre produción de ferroaleacións e hidroeléctrica.

A Consellería trasladou que recibirá ao Comité o vindeiro 1 de outubro.

Visita do BNG

Aproveitando o momento, portavoz nacional, Ana Pontón, desprazarase a Cee para manter un encontro co comité de empresa de Ferroatlántica para abordar a situación do cadro de persoal baixo un ERTE.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA