Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A UGPOL insta aos concellos a crear un plan de prevención e control de aglomeracións

A UGPOL insta aos concellos a crear un plan de prevención e control de aglomeracións

Tralo remate do estado de alarma, no que o mando único unificou as actuaciais das forzas da orde, moitas agrupación de Policías Locais vense en circunstancias nas que non saben como actuar. Vivimolo a primeira fin de semana con aglomeracións nas principais cidades do estado, e de cara a este verán cómpre actuar preventivamente para evitar males maiores.

Así o entende a Unión de Policías Locais (UGPOL)) que fai esta proposta para “non deixalo todo nas mans do #averquepasa”.

A Asociación de Profesionais enviuou un documento á Xunta e FEGAMP para que os distrubúan polos Concellos. Propoñen promover patrullas de paisano, patrullas nocturnas en moto, ou mesmo cámaras unipersoais para que a cidadanía note a presencia das forzas de seguridade e actúen con máis precaución.

Vacinas

Aproveitan dende a UGPOL para lembrar que algúns axentes da comarca estaban aínda sen vacinar. Xusto hoxe, os axentes de Fisterra foron convocados para o luns para ir a vacinar.

Comentarios