Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un accidente na pasada noite deixa 3 feridos en Coristanco

Un accidente na pasada noite deixa 3 feridos en Coristanco

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte a tres persoas que resultaron feridas despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban. O accidente ocorreu cando o turismo circulaba á altura da parroquia de Oca, no concello de Coristanco. Un particular foi quen chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda, sobre as 22:00 horas de onte. A partir de aí, o persoal do 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas e tamén pediu a colaboración dos axentes de Tráfico, dos efectivos do GES de Ponteceso e de Protección Civil de Coristanco.

Fonte

  • 112.

Comentarios