Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Un centenar de persoas acoden á creación da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos Campelo - Bustelo - Monte Toural

Un centenar de persoas acoden á creación da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos Campelo - Bustelo - Monte Toural

constitución da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos Campelo - Bustelo - Monte Toural Imaxe da constitución da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos Campelo - Bustelo - Monte Toural

A enorme afluencia de público á constitución da Plataforma contra a implantación dos parques eólicos Campelo - Bustelo - Monte Toural dá conta da clara de información que escurecen sempre estes proxectos. Este pasado martes 7 de agosto, o Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco quedou pequeno ante a afluencia de afectadas e afectados, desexosos de saber a real repercusión do megaproxecto fragmentado en tres partes para esquivar os atrancos da lexislación e poder así acollerse á nova Lei de Iniciativas Empresariais en Galicia como “proxecto de especial interese”.
Ao acto asistiron, ademais das veciñas e veciños afectadas/os de Coristanco, Carballo e Santa Comba, ademais de integrantes de diferentes grupos da corporación municipal de Coristanco e representantes de asociacións en defensa do medio como Senda Nova e de plataformas veciñais como a que acadou deter a maquinaria da mina de Corcoesto.

A constitución da Plataforma viu acompañada dunha conferencia, da man de Leandro del Río, portavoz da Plataforma contra a implantación de parques eólicos na Comarca de Ordes, que expuso as consecuencias que poden ter para a comarca este tipo de instalacións e achegou información para o público alí presente. Lanzou ademais varias recomendacións facendo fincapé nos afectados polas as liñas de evacuación que van atravesar todo o territorio ata Mesón do Vento. Estas liñas van ir, na maior parte do seu traxecto, por estruturas aéreas de alta tensión. Algo que leva aparellada a contaminación radio-eléctrica propia deste tipo de infraestruturas.

O ruído

Leandro falou do ruído, e máis para estes novos muíños de 180m de altura (o doble da catedral de Santiago) cuias aspas poden superar os 25km/h. Explicou que o nivel de ruído que produce podería ir aos 90 dB ou incluso superalos, as 24 horas do día, todos os días do ano: “as consecuencias son devastadoras”, sinalou Leandro, falando da posible “diminución auditiva e a aparición de molestias, que poden ser crónicas (acúfenos, zumbidos), perturbación e alteración do sono e o descanso, cefaleas, trastornos no sistemas nervioso, circulatorio e dixestivo, problemas de tiroide, efectos no rendemento, fatiga, estrés e mesmo depresión”.

Non faltou a afectación ambiental evidente, no cambio da paisaxe, e da flora, da creación de novos camiños, desviación de correntes…

E outra das partes máis importantes é a xeración de emprego, ou a baixada de emprego, como sinalou Leandro, deixando claro que os poucos postos de traballo que se poderían xerar non igualan aos que se van perder en explotación gandeiras afectadas, ou en empresas forestais.

Nova reunión

A Plataforma fixou a data para unha vindeira reunión, prevista para o vindeiro 21 de agosto ademáis de convocar a todas as persoas interesadas para poñer en común as alegacións que deben presentarse esta semana.

Artigos relacionados

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Comentarios