Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Un falecido en Coristanco tras colidir cun camión

Un falecido en Coristanco tras colidir cun camión
coristanco Os bombeiros de Carballo excarceraron esta tarde unha persoa –falecida- do interior do turismo que conducía. A colisión tivo lugar entre un camión –de transporte de maquinaria- e un turismo, modelo Ford Mondeo de cor negra, cando circulaban pola AC 552, no punto quilométrico 34.500, no termo municipal de Coristanco, no lugar de Montecelo á altura da empresa de contedores Miramontes. O  condutor do camión resultou ileso, así, o confirmaron os servizos de emerxencia que acudiron ao lugar. Tras recibir a alerta dun particular, sobre as 18:00 horas desta tarde, o CAE 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Médicas e á Garda Civil que, unha vez no punto, comprobaron que eran precisos os medios de excarceración. Por iso, dende o 112 Galicia, de inmediato, se pediu a intervención dos efectivos do parque comarcal, do GES de Ponteceso e dos membros de Protección Civil de Coristanco e Carballo. Tamén se pasou aviso ao persoal de Conservación da estrada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios