Luns. 10.08.2020
El tiempo

Unha gandeiría xalleira, entre as 20 seleccionadas polos premios Exceleite

Unha gandeiría xalleira, entre as 20 seleccionadas polos premios Exceleite
Imaxe dos premios Exceleite

A gandeiría xalleira de Elena María Recarey García foi unha das 20 recoñecidas no marco dos premios Exceleite que a Xunta e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite entregan anualmante ás explotacións mellor traballadas no eido hixiénico-sanitario. A explotación de Santa Comba levou o primeiro premio no grupo “Pequeno-Semiextensivo”.

Preto de 5.000 granxas galegas podían optar a estes premios, todas as que están inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi).

Boas cifras do sector

Unha cita celebrada en A Baña o pasado venres e que serviu para resaltar que o leite galego se vende na actualidade ao mellor prezo dos últimos tres anos, 31,1 céntimos/litro.
Ademais, a Xunta reiterou que o lácteo da nosa comunidade se consolida como líder nacional, concentrando preto do 40% da produción e o 56% dos gandeiros do Estado, xerando uns 1.000 millóns de euros anuais en volume de negocio.

Pensando na #SemanaGandeira2017

A comarca xa ten a cabeza posta na #SemanaGandeira2017 de Mazaricos.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios