Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Unha saída ambiental vale máis que mil clases teóricas

Unha saída ambiental vale máis que mil clases teóricas

A raíz da exposición sobre especies invasoras que está este mes en Carballo, a Asociación Adega desenvolveu unha interesante saída ambiental. O Concello carballés contactou co CEIP Nétoma-Razo, para facer unha visita á súa contorna. Da man do educador ambiental de Adega Ramsés Pérez, partiron do propio cole e percorreron o treito entre A Cabreira e as dunas e atoparon unhas 10 especies de flora invasoras, como a vinca, a unlla de gato, as calas ou os plumachos.

Sorprendidos quedaron os alumnos, como quedamos moitos cando o descubrimos, descubrindo que especies que levan tantos anos con nós e que consideramos propias, son invasoras. Quedaron tamén sorprendidos pola cantidade de especies que atoparon, e o propio Ramsés apuntou que por Razo facendo un inventario algo máis pormenorizado poderíanse atopar ata 20 especies.

As reaccións dos alumnos foron máis que curiosas, e moitos se puxeron a arrincar especies como tolos, algo que tampouco é recomendable sen un coñecemento completo.

Ramsés de ADEGA con unha unlla de gato en Razo Ramsés de ADEGA con unha unlla de gato en Razo

Microrreservas

O día 10 en Fisterra hai unha nova sesión de invasoras nas microrreservas de Mar de Fóra co grupo de voluntariado. Ramsés recoñece que “hai tantas cantidade de invasoras que temos que focalizar en traballar en espazos naturais proxetidos, e na Costa da Morte, con espazos con flora tan exclusiva, son bos lugares para intentar manter vivas as microrreservas

A realidade é que especies como a vinca ou a cala están invandido zonas como Soesto (o rego de Soesto está plagado) e mesmo Traba. Outras especies arrasan o río Grande, polo que cómpre ir actuando.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios