Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha trintena de establecimentos crean a Asociación Turismo Fisterra

Unha trintena de establecimentos crean a Asociación Turismo Fisterra
Foto da creación da Asociación Turismo Fisterra Foto da creación da Asociación Turismo Fisterra

Que importante, para toda a Costa da Morte, é ordear o sector turístico de Fisterra. Despois de varias intentonas fallidas no pasado, e varias xuntanzas nos últimas semanas cos empresarios turísticos, de constituírse unha xunta xestora para a creación dunha asociación da que eu formo parte, este pasado martes 5 de xuño de 2018, celebrábase no salón de actos do Concello de Fisterra a asemblea mediante a que se constituíu a “Asociación Turismo Fisterra”. Entidade que comeza a súa andadura con 23 socios e socias fundadoras que forman parte do empresariado fisterrán, representando case a unha trintena de establecementos turísticos de Fisterra.

Ademais puxéronse en contacto máis dunha decena de empresarios/as que non puideron asistir a asemblea de hoxe coa intención de asociarse.

Unha vez constituída a “Asociación Turismo Fisterra”, leváronse a cabo dúas decisións:

A primeira, a elección por parte dos asociados e asociadas da xunta directiva, quedando formada finalmente polas seguintes persoas:

  • Presidente: Juan Marcos Traba.
  • Vicepresidente: Fernando Carrillo.
  • Secretaria: Leticia Romero.
  • Vicesecretario: Manuel Canosa.
  • Tesoureiro: José Ignacio Formoso.
  • Vogais: María Elisa Quinteiro, Estrella Pérez, Sonia Fábregas, Juan Boullosa, Manuel Vieites e Pepe Formoso.

E a segunda decisión, acordada entre os asociados e asociadas, foi a contía da cota anual que quedou fixada en 150 €.

De aquí en diante calquera persoa do empresariado fisterrán que queira asociarse, pode facelo poñéndose en contacto coa asociación na seguinte conta de correo electrónico: [email protected], ou na páxina de Facebook da asociación https://www.facebook.com/turfisterra onde tamén se poderán consultar os estatutos definitivos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-consello-municipal-de-turismo-de-fisterra-convoca-unha-reunion-para-constituir-unha-asociacion-de-empresarios/ https://quepasanacosta.gal/turismo-finisterre-une-lazos-con-santiago-e-presenta-unhas-novas-xornadas-do-longueiron/  

Comentarios