Venres. 29.03.2024
El tiempo

“A unión do paseo en Cee e Corcubión vai adiante”

  • Xa está en marcha o proceso de expropiación dos terreos
O paseo entre Cee e Corcubion co mitico pineiro
Así está o paseo entre Cee e Corcubion co lendario piñeiro
“A unión do paseo en Cee e Corcubión vai adiante”

Así o ratifica a alcaldesa de Cee Margarita Lamela, trala reunión de traballo mantida cos representantes do Concello de Corcubión (en ausencia do alcalde Manuel Insua, no seu lugar acudiron os concelleiros Manola Fernández e Pepe Louro) e o Xefe de Demarcación de Costas na Coruña, Rafael Eimil. Unha reunión cun plan claro: tratar de sacar adiante a unión dos paseos marítimos de Corcubión e Cee, un proxecto estancado dende hai décadas.

De feito, Costas xa tivo un proxecto enriba da mesa en 2010, e ficou en papel mollado. Unha situación que parece, que coa vontade política que hai entre as tres administracións, hoxendía da mesma co política, pode reverterse.

”Sae adiante, realizouse a valoración dos terreos. Antes de iniciar o expediente de expropiación vaise falar cos propietarios para intentar chegar a un acordo”, explica Lamela.

Algo máis prudente amósase Louro, que sinala que “temos apoio desde Coruña pero depende de Madrid e de que haxa novos presupostos”. En todo caso, valora que "a expropiación xa está en marcha".

Reunion de Cee e Corcubion con Costas
Manola Fernández, Pepe Louro, Rafael Eimil e Margarita Lamela

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios