Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Urxen no Parlamento o desbloqueo da homologación do Camiño dos Faros

Camiño dos Faros Muxía (1)
Urxen no Parlamento o desbloqueo da homologación do Camiño dos Faros

A raíz da denuncia da Asociación Camiño dos Faros do bloqueo á homologación por parte da Xunta e da FGM, o PSOE quixo levar de novo o asunto ao Parlamento. E iso que xa pasou dúas veces pola cámara, unha o pasado decembro cunha demostración de máxima hipocresía do PP, e outra o pasado mes de marzo cando se abría finalmente unha mesa de traballo para estudar a homologación.

Unha mesa que non se debeu sentar dende entón, pois nin sequera teñen chamado aos alcaldes afectados nos últimos 6 meses, como denuncia o socialista Martín Seco. O deputado vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que cumpra co mandato parlamentario acordado en decembro para desbloquear a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido –GR-.

Lembra que a Xunta tén que convocar xa á Deputación, os concellos, a Asociación de Profesionais do Turismo Costa da Morte –APTCM-, a Asociación Camiño dos Faros e a Federación Galega de Montañismo para desbloquear o proceso. Sen embargo, lamenta, a día de hoxe “non consta que o goberno galego teña feito ningunha chamada aos alcaldes para cumprir co mandato parlamentario”.

Por iso urxe ao goberno galego a traballar para “salvar os escollos, principalmente medioambientais, coa titularidade das leiras ou a porcentaxe de asfalto que presenta a proposta, coas modificacións propostas pola propia Asociación Camiño dos Faros, promotora do proxecto”.

Repaso a 8 anos de historia do Camiño dos Faros

Comentarios