Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Xunta abonou xa 1040 axudas á hostalería da bisbarra

  • As axudas teñen unha contía media de 1.700€ por negocio
Manifestacion da hostaleria da Costa da Morte en Carballo
Imaxe da manifestación da hostalería da Costa da Morte en Carballo o pasado mes de novembro
A Xunta abonou xa 1040 axudas á hostalería da bisbarra

A Xunta fai contas do Plan de de Rescate que está realizando desde o inicio da pandemia. A través de tres liñas de apoios complementarias, afirman que xa recibiron axudas máis de 1.000 establecementos de restauración, bebidas e aloxamento e dirixidas ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e especificamente ao sector da hostalaría.

Aseguran dende a Xunta que aínda haberá un terceiro Plan de rescate, coordinado polas 3 administracións, aportando a Xunta o 50%, as catro deputacións o 30% e os concellos o 20% restante.

CONCELLO TOTAL AXUDAS
CONCEDIDAS
INVESTIMENTO
Cabana 40 56.175,00 €
Camariñas 10 21.075,00 €
Carnota 8 12.400,00
Carballo 305 532.300,00 €
Cee 65 110.625,00 €
Corcubión 11 25.200,00 €
Coristanco 43 60.325,00 €
Dumbría 28 46.675,00 €
Fisterra 34 78.300,00 €
Laracha, A 93 155.600,00 €
Laxe 39 49.250,00 €
Malpica 67 88.275,00 €
Mazaricos 13 26.725,00 €
Muros 11 25.200,00 €
Muxía 47 80.375,00 €
Ponteceso 64 83.825,00 €
Santa Comba 51 124.000 €
Vimianzo 100 165.275,00 €
Zas 11 22.500,00 €
TOTAL 1040 1.764.100,00€

OS GALP e GDR

Entre O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte (GDR) (que traballan en Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas), durante o 2020 axudaron a poñer en marcha na comarca 9 proxectos que mobilizaron 1,4 millóns de euros con axudas que ascenderon a 431.000€.

En relación co GALP tamén tramitou 9 proxectos con axudas que ascenderon a 900.000 euros. Deste importe o GALP dedicou o 94,4% ao desenvolvemento de proxectos produtivos e o 5,6% a proxectos non produtivos. Este Grupo aglutina a 51 entidades sociais e a 9 concellos da comarca: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. O

Comentarios