Martes. 14.07.2020
El tiempo

[email protected] expándese na rede por cuarto ano

[email protected] expándese na rede por cuarto ano

Arrinca hoxe o prazo de inscrición á cuarta edición dos Premios [email protected], uns dos premios máis importantes do país a nivel audiovisual. Se ben este ano non está Carballo entre os Concellos organizadores (os servizos de normalización lingüística que arman este ano son os da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, ademais das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña), cómpre repasar un certame que conta cun total de 7.500 euros.

A intención segue a ser a de animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos, dende vídeos de deportes, viaxes ou videoxogos até vídeoblogs políticos ou vídeoconsellos de moda. Ao tempo, buscan darlles visibilidade tanto á produción en galego coma á comunidade creadora e “Expandir a Rede”, como versa o lema deste ano.

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos 5 vídeos, maioritariamente en galego e realizados con posterioridade a esa mesma data.

Prazo de inscrición

O prazo para inscribir os vídeos e canles no Premio [email protected] abre este mércores, 27 de maio de 2020, e pecharase o 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h. Cada participante debe inscribirse a través do formulario que figura na web www.youtubeiras.gal, onde se poden consultar as bases completas desta cuarta edición.

Outros certames

comentarios