Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A 24ª edición FIOT nunha exposición en Versión Orixinal

A 24ª edición FIOT nunha exposición en Versión Orixinal
Exposición, no marco do FIOT, da exposición Versión Orixinal de Mon Lendoiro, Eva Facal e Laura Tova Exposicion do FIOT de Carballo Version Orixinal

Falabamos onte desa visión orixinal de 3 artistas carballesas. E precisamente tiña lugar onte, a presentación, no marco do do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), desa exposición artística "Versión orixinal", que pretende servir de liña argumental sobre a que o FIOT xira nesta edición.

As artistas Eva Facal, Laura Tova e Mon Lendoiro estiveron arroupadas polo Alcalde de Carballo, Evncio Ferrero, e o Presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do FIOT, Alberto Sueiro.

A sala de exposicións do Auditorio do Pazo da Cultura trasnformouse para darlle cor ás tres versións diferentes sobre un mesmo concepto e idea. As obras reclaman o protagonismo da súa propia voz, onde converten ao espectador en cómplice da súa verxión orixinal. Mon Lendoiro optou por unha pintura misturada con collage, Laura Tova expuxo unha obra pictórica fusionada con outros elementos e Eva Facal montou unha instalación.

O resultado: tres obras fusionadas nunha soa, pero cada unha con entidade propia.

A mostra permanecerá aberta no andar -1 do Pazo da Cultura até o domingo 1 de novembro en horario de 18.00 a 21.00 hora.

Inauguración da exposición do FIOT de Carballo Versión Orixinal Inauguración da exposición do FIOT de Carballo Versión Orixinal

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios