Mércores. 01.04.2020
El tiempo

A #Axenda trae ducias de alternativas de ocio sen saír da Costa da Morte

A #Axenda trae ducias de alternativas de ocio sen saír da Costa da Morte
Axenda-Costa-da-Morte-22xullo2016 A ponte, as festas do Apostol e o bo tempo enchen dunha gran variedade de citas a #AxendaCostadaMorte desta fin de semana. Haberá alternativas de ocio para todos os gustos; para os festivaleiros, para os amantes da lectura, para os máis verbeneiros, para fans do medievo e tamén para os que queiran coñecer máis a fondo os principais atractivos turísticos da Costa da Morte. Ademais, segundo indica o parte costeiro de 4gotas.com, serán uns días para desfrutar das praias da bisbarra. A partir da media mañá hoxe remitirán as chuvias remitirán e o ceo comezará a despexarse pouco a pouco; ainda que novamente esta noite as nubes volverán a cubrir o ceo. A partir de mañá notarase a chegada do anticiclón así que tanto mañá coma o domingo atoparemos algunha nube a primeiras e últimas horas do día pero ao mediodía e durante a tarde o sol estará moi presente. Todos estes días o vento soprará do nor-nordés, con algo máis de intensidade a partir de mañá e se ben o venres seguirán baixando as máximas - que non pasarán dos 21º na zona - a partir de mañá subirán ata rozar o domingo ou o luns os 26º en moitas. Mercado Medieval Corcubión
  • Dende hoxe e ata o domingo, Corcubión vístese de medievo. Ás 17 horas abrirase o mercado e varios actos darán paso ao desembarco das tropas do arcebispo Rodrigo de Luna en Corcubión 1457. O espectáculo será ás 23 horas na praia do centro da vila corcubionesa. Ademais dos postos, haberá espectáculos musicais e circenses, exhibicións de cetrería,...
Feira do libro en Carballo Festival Sereas e Piratas Certame de pintura Álvarez de Sotomayor    Festas
  • En Pasarela (Calo-Vimianzo) arrancan hoxe as celebracións do Apóstol coa festa da xuventude que lle dará paso a tres días de verbena e de actos litúrxicos. O domingo, o Combo Dominicano encargarase de animar a noite.
  • A orquesta Ciclón e o grupo Aramio encargaranse de facer vibrar este domingo a parroquia zasense de Loroño. As festas na hora a Santiago Apostol continúan o luns, día 25, cunha sesión vermú amenizada polo grupo Rossan.
  • No Pino do Val (Mazaricos) celebran esta fin de semana unha grandes festas. O Combo Dominicano e a disco móbil CDC serán os pratos fortes da verbena de mañá e La Bamba e, de novo, a disco móbil CDC os do domingo.
  • Mañá sábado, a partir das 21 horas, haberá unha sardiñada en Corme Aldea. O grupo Elite encargarase da parte musical.
Visitas guiadas
  • As Torres do Allo (Zas) abren durante todo o verán en horario de 11 a 20 horas e todos os domingos, as 19:30 horas, ofrecen un espectáculo teatral da man de Os Quinquilláns.
  • No Castelo de Vimianzo haberá esta fin de semana varias visitas guiadas. A primeira delas será hoxe, ás 22 horas, guiada polo pantasma do poeta Evaristo Martelo. O sábado e o domingo, a fortaleza estará aberta no seu horario habitual e as 12 e as 19 horas haberá un servizo gratuito de visita guiada. Tamén o domingo, as 13 e as 17 horas, a compañía teatral Os Quinquilláns fará un repaso pola historia do Castelo cunha visita teatralizada.
  • O sábado e o domingo, as 13 e as 18 horas, realizanse visitas guiadas nos Batáns do Mosquetín (Vimianzo).
  • Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
  • O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas, a excepción dos domingos.
Roteiros
  • II Roteiro nocturno "Lúa Chea de Laxe". Esta noite, as 22 horas, partirá da praza Ramón Juega de Laxe unha expedición para percorrer os lugares máis emblemáticos da vila á luz da lúa. Ao remate haberá unha actuación musical e queimada.
  • Historia Viva Vimianzo "O Camiño secreto de Santiago". Mañá, as 11:30 horas, sae do Castelo de Vimianzo un autobús para descubrirá a historia dunha ruta xacobea esquecida co paso dos anos. A igrexa de Santiago de Cereixo, a capela da Peregrina da Lagoa, Calo, a ermida de Castrobuxán serán algúns dos puntos da visita.
Exposicións Outras citas
  • A casa da Cultura da Picota – Mazaricos – acolle a partir das 22 horas de hoxe a proxección do documental “Frankenstein 04155”, un traballo dirixido por Aitor Rei sobre das incógnitas arredor do accidente do tren Alvia 04155 en Angrois, o 24 de xullo de 2013.
  • Xornada de portas abertas en Naturmaz (Mazaricos): mañá sábado o aeródromo a Ferveza acolle unha xornada de portas abertas. Haberá exhibición de aves rapaces e durante toda a mañan haberá tamén exposicións e exhibicións de drons, autocaravanas, kayaks, ultralixeiros, paramotores, tiro con arco, actividades de turismo activo entre outras actividades.
  • Concentración de motos clásicas. O concello de Zas orgniza para este domingo un roteiro en moto clásica por distintas localidades do municipio. arranco as 10 horas de Baio.
  • Títeres en Malpica: Microminia Títeres ofrece mañá, as 20:30 horas,  no paseo marítimo da vila “Vacacións no mar”; un espectáculo de títeres de luva e siluetas apto para todos os públicos.
Fonte

comentarios