Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte chega cargada de actividades

A #AxendaCostadaMorte chega cargada de actividades
axenda cultura costa da morte 13 14 15 maio   A variedade está servida. Teatro, deportes e festas enchen a #AxendaCostadaMorte desta terceira fin de semana de maio. Moitas das actividades enmárcanse na celebración do Día das Letras Galegas que terá lugar o vindeiro martes, 17 de maio, que moitos aproveitarán para facer ponte. Antes de facer un repaso polas principais citas desta fin de semana vemos o parte costeiro de 4gotas.com O tempo irá cambiando pouco a pouco durante a fin de semana. Hoxe será un día gris e con chuvias, en xeral febles. Mañá continuarán as nubes e aínda pode orballar durate a mañá e algo no mediodía nos puntos altos do interior da Costa da Morte. O domingo será un día de sol e cunha suba notable das temperaturas. Será un día case de praia e que seguirá luns e martes.  Teatro
  • Santa Comba: Limiar Teatro leva hoxe a súa obra "Don Quixote, unha comedia gastronómica" ao auditorio do edificio Multiusos de Santa Comba. A función comeza ás 19 horas e a entrada é de balde. Esta é unha das actividades incluidas dentro do programa "Primavera Cultural" organizado polo concello xalleiro.
  • Muros entra na recta final da X mostra de teatro Xosé Agrelo. Hoxe, ás 12:30 e ás 21:30 horas, o grupo de teatro solidario As Insuas interpreta "Catetervisión". Tamén hoxe, ás 18:15 horas, a biblioteca municipal de Muros acolle unha sesión de contacontos con Marisa Irimia que trae o seu espectáculo "Poemas e contos con Manuel María". Xa mañá sábado, ás 21:30 horas, Aquelando Teatro de Muros interpretará a súa obra "No día a día".
  • O auditorio da casa da Cultura de Vimianzo acolle este sábado o espectáculo teatral de Fantoches Baj que leva por título “O asombro con Manuel María”. A cita, que se enmarca dentro da programación das Letras Galegas, comeza ás 21 horas e a entrada é de balde.
  • As risas están garantidas este sábado no auditorio do centro sociocultural de Baio. Diso encargarase a Gargallada Teatro - do Barco de Valdeorras - que interpretará a súa obra "Fuga" a partir das 21 horas. A entrada é de balde e está dirixida para público maior de 12 anos. Esta é a cuarta función da I Mostra de Teatro Afeccionado organizado polo concello de Zas.
Letras Galegas
  • FestiletrasEste domingo arranca unha das citas máis importantes da Costa da Morte: o Festiletras. Durante oito días a aldea pontecesá do Couto será o lugar de referencia cultural da bisbarra. O programa arranca este domingo, ás 12:30 horas, cunha ofrenda floral e coa interpretación do himno galego da man da coral A Oliveira de Montebranco. ñAs 12:40 horas será a entrega dos premios "Bos e Xenerosos" e ás 13 horas Guadi Galego ofrece un concerto. A música continúa pola tarde na casa dos Veciños. Ás 17 horas cunha sesión de corais e ás 19 horas con Mini e Mero.
  • Trubisletras: a asociación Trubisquiñas de Vimianzo organiza este domingo, ás 18 horas, un encontro de danza tradicional no que participan distintas entidades da Costa da Morte.
  • Encontros Culturais Arume. O local social de Berdillo acolle o domingo, ás 18 horas, un festival de música e baile tradicional organizado pola A.X. Arume.
  • Xornada e exposición sobre o traxe tradicional en Carballo. A A.C. Argazo e o concello de Carballo organizan a I xornada sobre o traxe tradicional galego que terá lugar mañá no Pazo da Cultura carballés. Ademais ata o 5 de xuño poderase ver Sala de exposicións do 3º andar do pazo da Cultura unha mostra da colección  de indumentaria popular galega propiedade de Alberto Golpe Beceiro.
Carrilanas de Trasouteiro
  • Mañá dispútase en Trasouteiro a XXV Baixada de Carrilanas a partir das 16 horas. Pola mañá haberá adestramentos libres e a organización - que este ano corre a cargo da A.X. Cherinkas, instalará un rigoroso sistema de seguridade.
Sendeirismo Festas
  • Espíritu Santo en Camelle: hoxe, mañá e domingo a vila de Camelle celebra as festas do Espíritu Santo e faino cunha boa proposta musical.
  • Santa Marta en Coristanco. Mañá e o domingo, Coristanco honrará a Santa Marta. A orquesta Ibiza e Trovadores encargaranse de amenizar as verbenas.
  • San Antonio en Albores, Mazaricos. Este domingo o Combo Dominicano amenizará a verbena das festas na honra a san Antonio que terán lugar en Albores - Mazaricos -.
Exposicións
  • A biblioteca Eduardo Amor situada no Centro Cívico de Malpica acolle unha mostra sobre Manuel María que se pode visitar ata o vindeiro 31 de maio.
Outras citas
  • Continúa o #SantaCombadetapaentapa2016. Oito establecementos xalleiros ofrecerán hoxe, maña e domingo distintas tapas a un módico prezo. Vieiras, polo, zorza, xabarín, espaguettis,... serán algúns dos ingredientes.
  • Concurso carteis Carballeira de Baio. A asociación cultural Adro dará a coñecer este sábado, despois da obra de teatro que terá lugar no centro sociocultural baiés, o traballo gañador do concurso de carteis da Carballeira 2016.
  • O Quenxeiro de Corcubión acolle mañá a partir das 22 horas o espectáculo poético-musical Man a Man, con Suso Bahamonde e Álex López como protagonistas.
  • Evaristo Domínguez Rial e Xosé Antonio Andrade presenta mañá sábado, ás 20 horas, os libros "Coristanco. As súas parroquias" e -2Reválida de sexto", respectivamente. O acto terá lugar ás 20 horas no local social de Cances e está organizado pola A.C. San Campio de Cances.
Fonte  

Comentarios