Martes. 23.04.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte despide un completo mes de outubro

A #AxendaCostadaMorte despide un completo mes de outubro
axenda-costa-da-morte-28-outubro-2016 Avecíñase unha fin de semana (máis longa do habitual para moitos) cargada de actividades culturais e de ocio ao longo e ancho da Costa da Morte. O teatro, os monólogos, os concertos, as exposicións e, como non, as citas gastronómicas seguen sendo os principais protagonistas da #axenda. Pero coma sempre, antes o parte de 4gotas.com: A ponte terá duas partes. Unha ata o domingo que será estival, con sol (só con algunha nube alta decorando o ceo) e calor. Máximas por riba dos 25 graos e días de praia; e outra algo máis outonal. O domingo xa se notará un lixeiro descenso nas temperaturas, que se agravará o luns, xa con valores aorredor dos 21-23 graos e a presenza dalgunha nube máis. Aínda non está 100% claro, seguide o prognóstico na web, pero é posible que o martes volvan as chuvias e detrás delas, o mércores volvamos a ter temperaturas máis normais para esta época do ano con valores nos 19-20 graos. FIOT 2016 A 25 edición do Festival Internacional Outono de Teatro – FIOT – chega esta fin de semana ao seu fin. E despídese, como non podía ser doutra forma, por todo o alto. Dúas funcións en sala, un concerto e a ruta dos Bocados do FIOT serán os protagonistas do colofón.
  • Programación en sala. Esta noite, ás 21 horas, Paolo Nani Teater (Dinamarca) trae o seu espectáculo, "A Carta" no que sen palabras contará unha historia cargada de risas. O custe da entrada é de 7€. E mañá sábado chegará a esperada estrea en Galicia de "La Estupidez"; unha obra de Feelgood Teatro na que cinco actores interpretan 25 personaxes.
  • Ademais da programación en sala, distitnos locais hostaleiros de Carballo ofrecen tapas especiais dentro do programa "Dálle un bocado ao Fiot".
  • A sala Dublín de Carballo acolle mañá, a partir das 12 da noite, o concerto de Os Revenidos (en sustitución do espectáculo que IGMIG tiña previsto realizar na programación da Rúa dos Contos).
Mes da Fundación
  •  "Que comerá o rei?" é o título do monólogo que protagonizará mañá Candido Pazó dentro do programa do Mes da Fundación organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee. O espectáculo comeza ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee.
Teatro e monólogos Concertos
  • A Eira de Ponteceso acolle este sábado un concerto da banda xalleira Grand Soul Band, que está de xira pola bisbarra presentando o seu novo disco. Compartirán escenario ca banda punk Kostra da Morte
  • Hugo Torreiro e Carlos Bau ofrecen mañá - a partir das 23:30 horas - un concerto en A Lareira de Vimianzo.
Sendeirismo Exposicións 
  • O centro cívico de Malpica acolle durante todo o mes de outubro a exposición fotográfica de Marcos Rodríguez  “Asunción, María e José”. Cada unha das fotos conta unha historia vital, que invita a viaxar no tempo, sentir o calor da lareira, o peso das zocas nas lameiras, o suor tras unha dura xornada de traballo na leira…
  • Xunto a esta exposición estarán as fotografías recuperadas despois do paso das "Misións Pedagóxicas" por Malpica no ano 1933.
  • Esta exposición compartirá espazo coa mostra fotográfica sobre as Misións Pedagóxicas que chegaron a Malpica un 20 de outubro de 1933.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
Outras citas Fonte  

Comentarios