Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte despide as Letras Galegas

A #AxendaCostadaMorte despide as Letras Galegas
axenda cultural costa da morte 20 21 22 de maio 2016 Esta fin de semana virá marcada, culturalmente falando, polas últimas citas que deixan a celebración das Letras Galegas na Costa da Morte nas que Manuel María segue sendo o principal protagonista. A aldea pontecesá de O Couto vivirá unha intensa fin de semana con concertos como o de Sés (sábado) ou a feira de artesanía (domingo) entre outras moitas actividades. Así que a carpa situada ao carón da Fundación será un fervedoiro de xente durante estes tres días. Unha carpa que, segundo contan os meteorólogos de 4gotas.com no seu particular parte costeiro, será necesaria. Hoxe o día amencerá con nubes baixas/néboas que irán a menos e a partir do final da mañá irá gañando paso o sol ata quedar o ceo con moitos claros e cunhas temperaturas de 20ºC. Tarde moi agradable, polo tanto. O sábado comezará a cambiar o tempo, irase achegando unha fronte. Xa desde a mañá o ceo estará gris e con orballos especialmente de cara ao final da mañá. Na tarde irán a máis as choivas. Choverá de xeito moderado na tarde e noite, con vento moderado do suroeste, incluso con algún refacho forte. O domingo será o típico día posterior ao paso dunha fronte fría. Baixarán as temperaturas, e sobre todo na mañá o ceo alternará momentos de claros con momentos nos que se xuntarán as nubes, descargarán un chaparrón e voltará a predominar o sol. Na tarde haberá bastantes claros e xa seguramente non choverá nada. Así que os mellores momentos para facer algo ao aire libre serán as tardes do venres e do domingo, se ben esta última con fresco. Letras Galegas
  • O Couto despídese do Festiletras 2016. Este domingo chegará dun dos programas culturais co gallo das Letras Galegas que ten lugar na Costa da Morte. A recta final será de traca. Hoxe, ás 23 horas, monólogo de Carlos Blanco; mañá concerto de Sés; o domingo feira de artesanía e festival de música tradicional con Inllar, Malante e Adro, entre outras moitas citas máis completan o cartel do Festiletras.
  • Festival das Letras Galegas na Picota - Mazaricos. O domingo, a partir das 17 horas, terá lugar na casa da Cultura da Picota o festival das letras Galegas no que se homenaxeará a Manuel María cun recital de poesía e no que participan as distintas asociacións do concello mazaricán. A continuación, o grupo de teatro de Mazaricos interpretará a obra "O testamento do Tío Nacho" e debutará a actriz "Mazarica".  O remate do festival correrará a cargo do grupo de pandereteiras da asociación de amas de casa de Mazaricos. O evento está organizado polo concello.
  • Babacontos en Muxía. A biblioteca municipal de Muxía acolle mañá, ás 18 horas, o espectáculo para nenos e nenas "Babacontos con Manuel María" . Ademais, continúa aberta ata o día 31 de maio unha mostra bibliográfica sobre Manuel María.
Teatro
  • O auditorio de Baio acolle mañá a última obra que se enmarca dentro da I Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo concello de Zas. Farandoleiras Teatro, de Oleiros, chega con "Pánico"; unha obra para maiores de 14 horas na que non faltarán as risas. A cita comeza ás 21 horas. Haberá que esperar ata o día 28 para coñecer aos gañadores desta primeria mostra.
  • Vimianzo continúa co "Maio Persoeiro". Ibuprofeno Teatro interpretará a obra “A filla de Woody Allen” mañá, 21 de maio, ás 21 horas na casa da Cultura vimiancesa.
Sendeirismo Festas Outras citas musicais Outras citas Fonte

Comentarios