Mércores. 17.07.2019
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte despide setembro con festas, monólogos e teatro

A #AxendaCostadaMorte despide setembro con festas, monólogos e teatro
O mes de setembro despídese da #axenda da Costa da Morte. Cos días máis pequenos e coa chegada do frío, as festas van deixándolle paso ao teatro. Precisamente, esta fin de semana arranca en Carballo o FIOT, unha das citas de referencia das artes escénicas. Pero ésta non será a única cita da fin de semana na Costa da Morte. Antes de repasar as máis importantes, detémonos no parte costeiro de Meteogalicia .

Meteogalicia

En canto ao estado do ceo, hoxe entrarán brétemas costeiras en practicamente toda a Costa da Morte principalmente na primeira metade do día. Logo, iranse alternando as nubes e os claros e o vento soprará frouxo de dirección variable e coas temperaturas en descenso. A influencia anticiclónica recuperarase o sábado día no que os ventos soprarán do nordés cunha intensidade entre frouxa e moderada e xa o domingo o anticiclón volve a ganar terreo. No mar, a visibilidade será mala durante o día de hoxe (principalmente na primeira metade do día) con mar de fondo do noroeste con ondas ao redor de un metro e medio de altura. Xa o sábado e o domingo o vento será moderado do nordés e que por momentos poder chegar a ser forte. A visibilidade será entre boa e regular e o mar de fondo será do norte con ondas de dous metros de altura como máximo. 

Festas

  • Festas en Ardaña. Na parroquia de Ardaña, en Carballo, están mañá e o domingo de festas onde haberá sesión vermú, verbena e festa do neno.
  • Festas en Muxía. O grupo Abaco e o dúo Delfín serán os encargados de amenizar mañá as festas do San Miguel que celebran en Muxía.
  • Festas en San Salvador. O domingo celébrase en San Salvador (Santa CombaI a romaría da virxe dos Remedios na que actuará a orquesta Acordes.
  • Festas en Camelle. Hoxe e mañá, Camelle celebra as festas na honra do San Miguel e do Sacramento nas que non faltará a troula.
  • Festas en Treos. Na parroquia de Treos, en Vimianzo, están mañá e o domingo de festa na honra ao seu patrón.

FIOT

Outras citas

  • I simposio “O Castelo de Vimianzo ao longo dos séculos” . Vimianzo acolle dende hoxe e ata mañá un simposio sobre o Castelo no que participarán varios expertos.
  • Monólogo en MazaricosFederico Pérez e Marcos Pereiro presentan este sábado ás 22:00 horas no auditorio da casa da Cultura da Picota, “Os Tristes”. Nesta divertida parodia, os actores falarán sobre as verbenas. A entrada é de balde.
  • Monólogo en Camariñas. José Antonio Touriñán, reconvertido en Manolo Lojo, estará mañá sábado na casa de Pedra de Camariñas co seu monólo "Todo pode ir a peor...". A cita comeza ás 21:00 horas.
  • Presentación literaria en Fisterra. A biblioteca municipal Casa do Arco – situada na praza da Cerca de Fisterra – acolle mañá ás 19:00 horas a presentación do libro “Águias sobre Berxidum” de Fernando Cerezales.
  • Concerto infantil en Ponteceso. O titiriteiro e compositor Luis Vallecillo presenta o seu novo audilibro "Cantamos?" este domingo ás 12.00 horas no Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) de Ponteceso.
  • Día da bici en Mazaricos. O concello de Mazaricos celebra o domingo o día da bicicleta cun percorrido apto para todas as idades e que sairá ás 10:00 horas da Picota.
  • Limpeza no río Anllóns. A organización ecoloxista Senda Nova únese á XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, que organizada por Adega baixo o Proxecto Ríos. Neste caso, a limpeza levarase a cabo o domingo a partir das 11:oo horas no río Anllóns ao seu paso pola ponte de Bértoa.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Ademáis, ofrécense visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temklporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • Faro Vilán en Camariñas. O faro Vilán acolle durante todo o mes de setembro a exposición M’eu – Mar. Tempos longos” de Xan Vieito. O horario de apertura da sala de exposicións é de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios