Venres. 29.03.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte énchese de actividade

A #AxendaCostadaMorte énchese de actividade
A #axenda da Costa da Morte volve, unha fin de semana máis, a encherse de citas para todos os gustos. Ainda que hai unha certa predominancia das artes escénicas tamén hai un oco para outras citas máis didácticas - como a conferencia sobre a restauración das Torres do Allo dentro das "Monografías do Allo" - ou máis gastronómicas como a festa do polo á brasa de Baíñas. Ademais, continuamos cun tempo solleiro que nos convida a percorrer a bisbarra para desfrutar das súas paisaxes e dos seus monumentos. Isto é o que dí o parte costeiro de 4gotas.com que xa nos avisa que o furacán Ophelia apenas se notará, pois pasará moi lonxe. O que si que teremos será unha ponte con moita calor, sen chuvias, pero non cos ceos completamente azuis. Haberá néboas costeiras, nubes medias e altas que aporten sensación de bochorno e tamén momentos de moito sol.
O venres amencerá despexado en toda a Costa da Morte, pero a medida que avance o día irán chegando néboas costeiras ao litoral oeste, especialmente aos arredores de Fisterra na tarde. Por mor desas néboas e dese vento do sur-suroeste (frouxo) a temperatura no litoral entre Muros e Fisterra quedará nos 23 graos o venres, pero no interior e na costa norte acadarán os 25-26.
O sábado amencerá con moitas néboas no litoral oeste e no interior, pero a primeiras horas da mañá irán a menos as do interior e a media mañá comezarán a disiparse ás da costa. Será un día de calor, con máximas de 25 graos no litoral oeste e de 27 no litoral norte e no interior.
O domingo teremos un día con alternancia de nubes e claros, con momentos nos que o ceo estará branco por mor da presenza de nubes altas e medias e noutros nos que predominará máis o sol, pero haberá moita calor. A noite entre sábado e domingo non irá nada de frío. É máis, no litoral norte é moi posible que non baixen dos 20ºC de madrugada e durante o día se aproximen aos 28-30 graos!! Haberá moito bochorno o domingo.
Atentos que durante a tarde do domingo aumentará o vento e na noite e madrugada do luns acadará os 100 km/h no litoral oeste e nos puntos altos do interior. Na madrugada do luns volven as chuvias, pero non serán moi importantes...

 

Fiot

  • "El ciclista utópico". A compañía Feelgood Teatro, Emilia Yagüe P. e Teatro Calderón estrean hoxe no auditorio do Pazo da Cultura a obra "El ciclista utópico". A cita comeza ás 21 horas e o custe da entrada é de 12 euros.
  • "Resaca". ilMaquinario Teatro trae este sábado ao pazo a Cultura de Carballo a súa obra "Resaca". A cita comeza ás 20:30 horas e o custe da entrada é de 8€.
  • Microteatro no Fiot. "Váter" é no nome da comedia claustrofóbica que traen este sabádo a compañía Sal do Teatro aos aseos do Pazo da Cultura. Haberá funcións ás 18:30, 19, 19:30 e 20 horas.
  • "Incendios" é o nome da obra que traen este domingo - ás 20 horas - Ysarca e Teatro de la Abadía ao pazo da Cultura de Carballo. A entrada á función, que dura 3 horas con descanso inclúido, ten un custe de 15€.

Teatro

  • RíXallas. Carlos Blanco actúa esta noite no edificio Multiusos de Santa Comba dentro do 3º ciclo de monólogos RíXallas argallado polo concello xalleiro. A cita, que é de balde, comeza ás 22 horas.
  • A casa da Cultura de Vimianzo acolle mañá, ás 21:30 horas, a representación da obra "Raclette" da man da compañía Ibuprofeno Teatro. O custe da entrada é de 5€.

Festas

Monografías no Allo

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • galería turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de outubro unha mostra cos traballos artísticos de Nando Lestón. A exposición pode verse de luns a sábado en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.

Outras citas

  • O Mes da Fundación. Anxo Pintos ofrece mañá, ás 20:30 horas, un concerto na casa da Cultura de Cee no marco do Mes da Fundación organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee. "A Zanfona, a aventura milenaria da monocicleta sonora" é o título do seu relatorio-concerto.
  • Polo á Brasa en Baíñas. Como todos os anos, chega a cita da degustación do polo á brasa organizada pola asociación cultural e deportiva Os Campelos de Baíñas. A cita é no pavillón da vila a partir das 19:30 horas.
  • Cine en Muros. O centro cultural de Muros acolle mañá, ás 21:30 horas, a proxección da película "A praia dos afogados". A entrada é de balde.
  • III roteiro marítimo e histórico por Camelle. A AC Naufraxios Galegos é a encargada de artellar o II Roteiro Marítimo e Histórico por Camelle, en homenaxe a José Baña Heim. A cita é mañá a partir das 11 horas.
Fonte

Comentarios