Domingo. 20.09.2020
El tiempo

A borrasca marca o ritmo da #AxendaCostadaMorte

A borrasca marca o ritmo da #AxendaCostadaMorte
axenda costa da morte abril 2016 Ainda co susto no corpo despois da manga mariña que o pasado mércores cruzou o litoral da Costa da Morte, semella que algún fenómeno similar a éste marque o ritmo da #AxendaCostadaMorte da fin de semana. Segundo indican dende 4gotas.com, "é menos probable, pero risco hai". Así que antes de ver a actividade cultural programada para estes días na bisbarra dámoslle un repaso ao parte costeiro:
"A fin de semana seguirá marcada pola presenza da borrasca que leva unha semana ao noroeste de Fisterra. Seguirá alí toda a finde e volverá a enviar unha "filla", non tan activa como a da madrugada do xoves que deixou refachos de 137 km/h en Fisterra pero si que nos deixará un venres e un sábado con bastantes chaparróns.
Os de hoxe comezarán ao final da mañá e caerán no mediodía e na tarde con posibilidade dalgunha treboada, especialmente cara ao final do día. Seguirán os chuvascos na madrugada do sábado e durante gran parte do día haberá posibilidades de treboadas e dalgunha saraibada ocasional.
O prognóstico para o domingo aínda non está 100% claro. Semella que haberá moitos máis momentos de claros e só haberá risco de chuvascos treboentos pola tarde, especialmente nas comarcas do interior da Costa da Morte e en Bergantiños, sendo moito menos probables entre Fisterra e Muros.
De calquera xeito, na páxina web de 4gotas.com están os prognósticos actualizados por se houbera cambios. Coa borrasca tan preto, a pouco que se mova, cambian bastantes as predicións". Teatro Sendeirismo Concertos Outras citas

comentarios